Agarimo emerxe da unión entre o traballo da escultora Soledad Penalta e a arte da repostería artesanal de Fina Rei. Repostería tradicional da que o chocolate é protagonista, e innovadora, coa meta sempre presente de crear pezas únicas e orixinais.
Agarimo simboliza a infancia. Forma parte da colección LEGATUM, que representa a vida de forma doce amosando cinco etapas do existir, ben sexan as que xa foron experimentadas ou ben as que aínda queden por coñecer. Estas etapas están representadas mediante cinco esculturas realizadas por algunhas e algúns dos escultores galegos máis destacados e interpretadas en chocolate por Fina Rei.
Chocolate por fóra e framboesa no interior
O recheo desta peza presenta un aspecto atractivo, con tons rosados que proveñen do chocolate rubí e a framboesa en po, prometendo unha experiencia doce e afroitada.
O aroma do chocolate rubí é prominente, pero cunha leve nota de framboesa que crea curiosidade.
O sabor do recheo cumpre coas expectativas, predominando o sabor a framboesa e o carácter distintivo do Rubí. A súa textura é cremosa e rica.
Acabouse o chocolate, comeza a túa historia
A caixa que acompaña a cada escultura de LEGATUM transfórmase nunha cápsula do tempo. É un espazo ideal para gardar unha carta destinada a alguén importante, que será descuberta no futuro. As emocións e recordos da nenez gardados nela adquirirán un valor único co paso dos anos.
A escultora Soledad Penalta
Nada en Noia en 1943, é a escultora do aceiro e a primeira muller numeraria na Sección de Escultura da Real Academia Galega de Belas Artes. Realizou obras públicas en Noia, Porto do Son, Muxía, A Coruña ou Santiago de Compostela coa súa arte de aceiro. Dende os anos 2000, Soledad é habitual en París, no Salón D´Automne-Grand Palais Champs-Élysées, sendo a súa obra seleccionada sucesivamente entre o 2008 e o 2018. No documental Arte + Muller + Galicia plasma as súas reflexións, conviccións, compromiso social e inquietudes.
O bo facer de Fina Rei
Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos, sendo meticulosos na elección das materias primas para que o sabor sexa o protagonista das nosas elaboracións.
INGREDIENTES: cobertura de chocolate 71% cacao (pasta de cacao, azucre, crema de cacao, emulxente: lecitina de soia), cobertura de chocolate Rubí 47.3% cacao (azucre, crema de cacao, leite desnatado en po, leite enteiro en po, pasta de cacao, lecitina de soia, acidulante: ácido cítrico, aroma natural de vainilla), nata líquida, azucre invertido, dextrosa, framboesa en po, lecitina de xirasol, remolacha en po.
ALÉRXENOS: Leite e soia. Pode conter trazas de froito seco e glute.
PESO: 425 gr.
CADUCIDADE: Consumo preferente 5 meses dende a elaboración do produto.
ENVÍOS E CONSERVACIÓN: todos os produtos de Fina Rei envíanse recentemente elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo. Conservar nun lugar fresco e seco lonxe da luz solar e humidades. Preservar de cambios bruscos de temperatura.
AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.