No pasado 2024, en Fina Rei seguimos apostando polo noso valor de compromiso coa tradición e creatividade no mundo da repostería, para voltar a conquistar os padais a través dos nosos produtos. Como resumo do ano, vós, os nosos clientes, apostastes por unha selección que inclúe tanto os clásicos máis queridos como algunhas das nosas creacións.
Neste post, imos falarvos dos catro produtos estrela que vos conquistaron: a torta real, o amendoado, a tentación de Eva e as ostras de chocolate. Cada un destes produtos reflexa o traballo e a paixón que caracteriza a Fina Rei, facendo de cada bocado unha experiencia inesquecible.
Torta real, un dos produtos máis típicos da repostería de Allariz
En Fina Rei, conservamos e transmitimos a receita desta torta, que se cre que é de orixe hebrea, e hoxe en día forma parte da nosa memoria reposteira.
A torta real pertenece aos emblemas da nosa tenda. É un doce elaborado con améndoa marcona, azucre, ovo, canela e masa follada. Cada porción é un tributo ás receitas artesanais que pasaron de xeración en xeración, conservando a súa autenticidade ao longo do tempo. É ideal tanto para acompañar unha taza de café ou ser o broche perfecto para unha cea especial, xa que demostrou ser un favorito indiscutible nas festividades.
É un doce que adoita evocar recordos e emocións a través do seu sabor.
O amendoado, un doce clásico que non pasa de moda
O amendoado de Allariz segue a receita tradicional e o proceso de elaboración manual no noso obrador, onde traballamos con produtos de primeira calidade e de xeito artesanal, sen colorantes, nin conservantes, nin aditivos, para conseguir un amendoado con todo o seu sabor orixinal.
A mestura da améndoa, clara de ovo e azucre, dá lugar a un doce lixeiro pero delicioso, o que fai desta sobremesa un produto ideal para desfrutar en solitario ou para acompañar a outros doces. O amendoado encarna a simplicidade na súa forma máis saborosa, sendo un tributo á repostería tradicional que segue conquistando padais en todo momento.
A tentación de Eva, reinvención da torta de mazá
Outro dos produtos máis vendidos no 2024 foi esta creación na que moitos de vós vos deixastes sorprender pola suxestión do seu nome.
Esta torta de mazá combina a masa follada, as mazás maceradas e a crema con canela que contrastan de forma perfecta, facendo de cada bocado unha experiencia única: a súa base crocante fai un perfecto equipo coa cremosidade do recheo.
É un doce feito para aqueles que buscan algo máis que unha sobremesa debido á súa elegante presentación e o seu sabor equilibrado, que lle gusta tanto aos amantes da receita tradicional como a aqueles que aprecian a innovación nos detalles.
Ostras de chocolate, a inspiración das nosas rías
As ostras de chocolate son unha das creacións máis especiais do obradoiro de Fina Rei. Contan cun deseño e elaboración exquisita, para conseguir un sabor e unha experiencia visual única. Son un exemplo de creatividade e luxo na repostería.
É unha delicada creación, que non ten nada que ver co marisco, pero si inspiradas nas rías e cuxo chocolate branco está bañado en viño albariño. O recheo das ostras é cremoso e están recubertas cunha fina capa de chocolate de nácara azulada que evoca o brillo das perlas. Estas xoias doces non só destacan polo seu sabor, senón tamén pola súa presentación espectacular polo que é unha boa idea de agasallo, polo súa simboloxía relacionada coa elegancia e o bo gusto.
O éxito destes catro produtos reflexa o compromiso de Fina Rei coa tradición e a creatividade, xa que tanto os doces clásicos de améndoa e as novas propostas destacan pola súa calidade e capacidade para sorprender.
Grazas a todos os que seguides apostando pola nosa repostería artesá, se aínda non nos coñecedes animámosvos a que nos descubrades neste 2025!