Co ritmo de vida actual parece que o calendario avanza máis rápido ca os nosos pensamentos: case sen decatarnos, ese día especial chega e atopámonos inmersos nunha rápida procura de última hora dun agasallo que estea á altura. Ademais, tamén engadímonos o deber de dar co regalo perfecto e esa presión lévanos moitas veces a mercar unha solución típica que carece de valor emocional. Polo Día da Nai, agasallar escollendo con calma é un xeito de demostrar o noso amor.
Imaxinade por un intre un paseo pausado pola zona histórica dunha vila. Entre as rúas, asoma unha tenda de repostería artesanal que garda tesouros que non se ven en ningunha outra parte: elaboracións tradicionais e creacións únicas feitas cos mellores ingredientes. Lembras que á túa nai encántalle o chocolate artesanal e quedas coa web desa tenda para facer un pedido online desde a casa, ao rematar o paseo.
Colección LEGATUM: lingote de chocolate e escultura Agarimo
En Fina Rei a cultura sempre é unha das nosas fontes de inspiración. Por iso, quixemos ir un paso máis alá e fusionar a arte e o chocolate. Así nace a colección LEGATUM. Unha serie de cinco obras escultóricas creadas por cinco escultores galegos e que nós reproducimos en chocolate.
Para o Día da Nai, a escultura Agarimo de Soledad Penalta é todo un acerto: esta peza, feita en chocolate rubí, framboesa e pistacho, representa a nenez e o amor. Ademais, a escultura de chocolate vén nunha caixa de madeira que funciona como unha cápsula do tempo. Nela, podedes gardar unha carta para ler no futuro, convertendo o doce nunha lembranza que transcende o momento da degustación.

Ademais, a colección LEGATUM, ampliou recentemente o seu abano de creacións cos lingotes de chocolate. O Lingote Agarimo bebe directamente da escultura de Soledad Penalta para a colección LEGATUM. Este lingote é un encontro vibrante onde o chocolate rubí, con notas cítricas e afroitadas, abraza a intensidade da framboesa e a textura delicada do pistacho tostado. Saborealo é toda unha experiencia: a suavidade e cremosidade da froita contrasta co salgado do froito seco.

Beleza, sabor e artesanía en pequenos bocados: bombóns artesanais que embelesan
Se pensamos nos bombóns como agasallo, podemos crer que son pouco orixinais… Pero, e se rompemos este pensamento? Desde o noso obradoiro creamos bombóns de sabores que sorprenden e contrastan, que son beleza e que son pura artesanía. Ademais, moitos van moito máis alá: cando a caixa queda baleira, esta agocha unha sorpresa.
A nosa paixón por unir disciplinas lévanos a presentar propostas onde o chocolate se funde coa literatura e a pintura. A colección de bombóns O Porco de Pé é o exemplo perfecto. Trátase dunha edición limitada e numerada, nacida da colaboración co pintor Xabier Varela e inspirada na emblemática novela de Vicente Risco. Ao escoller este estoxo, tamén agasallas unha das nove láminas que representan escenas do libro como “A Casa das Citas”, “O Doutor Alveiros” ou “Don Celidonio Alcalde”.
No seu interior, agarda unha selección de cinco variedades artesás deseñadas para sorprender: a gianduja de pistacho, froita da paixón, praliné de améndoa, curry con coco e o café. O máis fermoso é que este agasallo está deseñado para perdurar; unha vez degustados os bombóns, a caixa de madeira pode transformarse nun pequeno cadro para decorar o fogar. É un xeito de levar un anaco da colección permanente da Fundación Risco de Allariz á vosa propia casa.

Por outra banda, se preferimos regalar delicadeza e da frescura, a nosa caixa Xenia de Froitas e Flores é unha boa opción. A palabra “xenia”, que dende o mundo clásico fala da hospitalidade e do pracer de agasallar, define á perfección estes bombóns. Ao abrir a tapa da caixa de madeira, atoparedes un auténtico xardín primaveral.
Este percorrido sensorial detense en cinco estacións de sabor únicas: o bombón de caramelo de albaricoque con coberturas de chocolate con leite e negro adornado con flores frescas; o intenso praliné de améndoa con brandy; o bombón de café que harmoniza coa abelá; a exótica froita da paixón sobre chocolate branco; e a dozura reconfortante do bombón de doce de leite. A propia caixa pódese personalizar co debuxo da árbore da vida ou dunha flor.

Finalmente, tamén podes optar polos clásicos bombóns de Fina Rei como son as nosas Rochas e o estoxo de Músicos. As Rochas de Fina Rei son o resultado dunha escolla minuciosa onde o protagonista é a améndoa acaramelada. Ofrecémolas en tres variedades crocantes: chocolate negro, chocolate con leite o chocolate branco. Cada estoxo elabórase garantindo esa textura que rompe suavemente antes de que o chocolate se funda na boca nunha danza de sabores tostados.

Pola súa banda, o estoxo de Músicos son un auténtico festival para o padal, onde cada bocado é unha nota nunha partitura de matices intensos. Os bombóns de chocolate negro son un encontro de améndoas e anacardios cun toque de cereixa e flor de menta, aportando un frescor inesperado. Os de chocolate con leite propoñen unha sinfonía de abelás e arandos con flor de rosa, mentres que os de chocolate branco harmonizan pistachos con mango e flor de violeta.Agasallar con intención é dicirlle a alguén que nos importa.

Neste Día da Nai, fuxir do común e escoller algo que fale do voso cariño é sinxelo: unha elaboración artesanal en chocolate que chegue á casa nun par de clics é posible. Entra na nosa tenda online e descobre todo o que podes ofrecer.