Estás ante unha metáfora da vida na versión máis doce da mesma. Legatum é un percorrido sensorial polas cinco etapas da vida, as que xa viviches ou as que teñas aínda por descubrir.
No interior de cada unha das pezas de Legatum atoparás sabores extraordinarios capaces de devolvernos ao pasado ou de transportarnos ao futuro.
ACABOUSE O CHOCOLATE? COMEZA A TÚA HISTORIA
Con cada escultura de chocolate obterás instrucións para crear a túa propia cápsula do tempo e reutilizar o estoxo que recolle esta deliciosa peza. Podes comezar escribindo unha carta a ti mesmo o a quen ti queiras para que chegue no momento futuro que ti elixas.
Desta maneira, un anaquiño do teu eu actual transmitirá vivencias e sentimientos ao teu eu do futuro. Para así, verte con perspectiva ou recordar bos momentos con ese alguén especial
ESCULTORES
Acisclo Manzano, Soledad Penalta, Arturo Andrade, Xosé Cid e Acisclo Novo, foron os escultores galegos que concretaron nestas figuras o etéreo da vida.
Acisclo Manzano
Escultor galego que, despois de sesenta anos de actividade artística, volve á madeira e mantén unha especial relación co barro, o material co que sente a humidade da terra, orixe de todo.
Ourense concédelle a Medalla de Ouro da Provincia e as súas esculturas forman parte das coleccións de numerosos museos e institucións de España e da paisaxe urbana das principais cidades de Galicia.
Soledad Penalta
Escultora en aceiro e primeira muller membro da Sección de Escultura da Real Academia Galega de Belas Artes. Realizou obras públicas en Noia, Porto do Son, Muxía, A Coruña e Santiago coa súa arte do aceiro.
No documental Arte + Muller + Galicia recolle as súas reflexións, conviccións, compromiso social e inquedanzas.
Arturo Andrade
Crea esculturas e cadros dende os anos oitenta, cando descubriu a súa paixón. Co paso dos anos interesouse polo mundo dos instrumentos e dende hai bastante tempo fai violíns, violas…
e máis instrumentos feitos a man. Destaca na combinación de arestas, planos e curvas nas expresións en bronce.
Xosé Cid
Nacido en Ourense, a súa traxectoria foi recoñecida co Primeiro Premio Mestre Mateo e a terceira medalla da Trienal de Santiago de Compostela. As súas obras están inspiradas na figura humana e adoitan ser…
de forma redonda, potenciando masa, verticalidade e solidez.
Acisclo Novo
Compaxina a súa actividade artística co traballo dentro do mundo do deseño industrial, prototipos, obxectos singulares e construción efémera.
COIDANDO O NOSO, COIDANDO A TERRA
Este proxecto baséase en dous conceptos responsables:
Sostibilidade
O 50% da enerxía utilizada na creación e desenvolvemento deste produto é enerxía solar fotovoltaica xerada nas nosas instalacións, favorecendo así a redución da pegada de carbono.
Empréganse na medida do posible produtos locais como as castañas e o aceite de oliva producidos en Galicia. Favorecendo cultivos responsables que establezan poboación no medio rural, apoiando a biodiversidade e xerando ambientes naturais coidados e sostibles no tempo.
Circularidade
Propoñendo como parte fundamental a reutilización do estoxo como cápsula do tempo, unha vez desfrutado do chocolate. Polo tanto, ampliando a súa vida útil.
Apostando na creación do envase polo uso de tintas vexetais e empregando cartón reciclado nun 50%.
Reducindo o uso de plástico ata un 1% e sendo este material un 70% de orixe reciclada.
Finalmente, se non se reutilizan, os envases son totalmente reciclables separando a fina lámina de plástico do cartón e depositando cada material no recipiente amarelo e azul respectivamente.
COMO SE FIXO
Para o desenvolvemento deste proxecto puxéronse en común diferentes actores de sectores moi diversos, unindo artistas con mestres chocolateiros, artesáns e produtores agrícolas con deseñadores. Xerando máis que un produto de bombonería unha pequena representación da nosa forma de emocionarnos.
Un proxecto de Fina Rei
© 1971 – 2024 FINARREI S.L. | Todos los derechos reservados