Gustaríache ser capaz de parar o tempo? Temos a receita para desfrutar cos teus este Nadal 

Idea de regalos de Navidad repostería tradicional ourense allariz Fina Rei

Se che preguntasen que superpoder che gustaría ter, que responderías? Probablemente, hai uns anos, dirías voar ou ter unha forza inmensa. Pero hoxe, inmersos no apresuramento do día a día, a maioría de nós coincidiriamos na mesma resposta: parar o tempo.

Neste Nadal, desde Fina Rei convidamos a iso: a conectar co presente nestas datas de compartir. Pulsar o pause para poder sentir o que está pasando ao redor da mesa, cos nosos seres queridos e saborear o momento.

Por suposto, para Fina Rei é unha verdadeira honra formar parte deses instantes. Cando decides poñer os nosos doces na túa mesa de Nadal, deixas que participemos contigo nos momentos máis felices. Por iso, coidamos ao máximo a selección de todos os ingredientes e cada paso da elaboración: porque sabemos que ese primeiro bocado selará unha lembranza que gardaredes durante moito tempo.

A posibilidade de deter o tempo cun só bocado  

Sabemos que ante os nosos produtos artesanais xorde a dúbida: que escoller? A repostería tradicional que nunca falla? Uns turróns artesanais feitos en Allariz? Ou quizais uns bombóns para tomar co café?

Desa dificultade abrolla a nosa primeira proposta: as caixas agasallo. Son a solución perfecta para quen quere ofrecelo todo nun só xesto. Contamos con opcións como a nosa Caixa Repostaría Tradicional , para as persoas que aprecian os sabores autóctonos, ou as Caixas Agasallo Chocolatísimo, que combinan o mellor dos nosos chocolates para os máis larpeiros. E se es de facer as cousas ao detalle para que esa persoa especial teña un bo recordo probrando os nosos doces, podes personalizar a túa caixa agasallo. Só tes que poñerte en contacto con nós e poñerémonos mans á obra. Namentres, aquí tes algunhas opcións para que poidas escoller. 

Sorprender cun produto que sempre estivo aí

En Fina Rei estamos convencidos de que os Amendoados e a Torta Real son os piares da nosa casa. Na nosa terra son imprescindibles, pero tamén conquistan padales doutros lugares deixando unha lembranza para toda a vida.

Son produtos que viaxan, que cruzan fronteiras dentro e fóra de Galicia e que demostran que a tradición, cando se mantén fiel á calidade, é a maior das sorpresas. Non hai nada máis orixinal que a repostaría tradicional artesanal. 

Comer chocolate dun xeito nunca visto: Lingotes Legatum

Se o que buscas é romper co clásico e apostar por unha experiencia sensorial nova, os Lingotes de chocolate da colección Legatum son a aposta segura. Están pensados para as persoas verdadeiramente amantes do cacao, aquelas que buscan matices e profundidade en cada anaco. Estes lingotes están feitos para gozalos cos cinco sentidos, con calma, detendo cada instante ao mordelos.

Ademais, se a túa intención é facer un agasallo realmente especial e artístico, dentro desta mesma colección Legatum atoparás as nosas esculturas de chocolate Legatum, pezas orixinais que elevan a repostería á categoría de arte e que representan na súa individualidade as cinco etapas da vida.

Turróns artesanais galegos. Descobre os diferentes sabores

O turrón é o rei do Nadal, pero non todos os turróns contan unha historia. Os Turróns artesanais de Fina Rei están elaborados no noso obradoiro de Allariz, fuxindo das présas. Recuperamos o tempo de elaboración lenta e o respecto pola materia prima para ofrecer un produto que sabe de verdade a cada un dos ingredientes que engadimos. Sempre o recomendamos compartir nos encontros do Nadal: un momento que se conxela nos brindis e nos bocados doces do noso turrón. 

Podes atopar múltiples sabores como café, marrón glacé ou de amendoado de Allariz.

Bombóns con moito arte

Finalmente, no apartado de bombóns, temos unha novidade moi especial que mestura arte, literatura e repostería: a caixa O Porco de pé. Inspirada na obra do ourensán Vicente Risco, trátase dun produto con identidade propia: ademais dunha selección de cinco bombóns artesanáns (de gianduja de pistacho, froita da paixón, praliné de améndoa, curry e coco e gianduja de café) esta caixa inclúe unha ilustración a escoller realizada polo artista Xabier Varela. Unha vez se esgoten os bombóns, a propia caixa transfórmase nun marco para pendurar a lámina na parede. A caixa “O Porco de pé” é así un regalo inmortal que sorprende coa súas múltiples facetas.

Xunto a esta proposta de bombóns artísticos, seguen a destacar os nosos clásicos Bombóns Xenia de froitas e flores dentro dunha caixa de madeira de castiñeiro cun gravado tamén a elección: felicitación de Nadal, a imaxe de Allariz ou de Ourense e máis! Outra opción igualmente exquisita de bombóns artesáns é a Lousa de bombóns de crocante de améndoa, trufa con licor de herbas tradicionais e de chocolate e froitas. Como pasa con moitos dos nosos produtos, a experiencia non remata co fin dos bombóns: a lousa, orixinaria da montaña de Valdeorras, é 100% natural e reutilizable. Unha peza coa que poderás decorar ou seguir servindo deliciosos bombóns e postres. 

Creamos o teu agasallo perfecto

Como cada instante de Nadal, cada persoa é única. Por iso, se tes dúbidas ou queres facer unha combinación especial que non ves na web, non o penses: escríbenos. Estaremos encantados de escoitarte e preparar unha caixa cunha selección personalizada dos teus produtos favoritos.

Porque o noso obxectivo é ese: axudarche a parar o tempo para desfrutar cos que máis queres.

Comparte!