Acceder

Turrón de licor de herbas

20,00 

Seguindo a nosa máxima de unir tradición e innovación, creamos este turrón de licor de herbas. Dozura e tradición feitas turrón.

Somérxete neste crocante turrón de deliciosa galleta de nata con trufa negra de licor de herbas e exquisita envoltura de chocolate negro.

Hai existencias

Queres saber máis?

O sabor innovador do turrón elaborado en Galicia de maneira artesanal con produtos de primeira calidade para que estas festas degustes este exclusivo turrón.

A artesanía feita turrón

Este exquisito turrón elaborado en Galicia (no noso obradoiro de Allariz) combina un corazón de crocante galleta de nata ao máis puro estilo das galletas da avoa, cunha trufa negra de licor de herbas tradicional.

O seu delicioso exterior ten unha cobertura de chocolate negro 71% decorado con letras de chocolate. Esta conxunción de sabores e texturas convérteno nunha experiencia única para o padal e nunha obra de arte da repostería artesanal.

Estas festas réndete á deliciosa experiencia do turrón de licor de herbas Fina Rei e goza do seu doce sabor e crocante textura. Para saborear todos os matices do noso turrón, recomendamos cortalo en anacos de máximo medio centímetro de grosor.

O bo facer de Fina Rei

En Fina Rei somos artesáns reposteiros que levamos máis de 50 anos a elaborar produtos orixinais de maneira tradicional con materias primas de primeira calidade, para que o sabor sempre sexa o protagonista da túa mesa. Non empregamos colorantes, conservantes nin aditivos.

INGREDIENTES: nata, licor de herbas, cobertura de chocolate 40% cacao**, cobertura de chocolate negro 70% cacao***, fariña de trigo, améndoa, ovo e sal.

** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: leite, glute, soia, améndoa, froito de casca.

PESO: 500 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Turrón de licor de herbas”