Acceder

Turrón de café e doce de leite

20,00 

A dozura e a cremosidade feitas turrón.

Deléitate con este exquisito turrón artesanal elaborado con pasta de crocante abelá, café e doce de leite e bañado nun saboroso chocolate negro.

Degusta o seu cremoso interior e déixate levar pola súa elaborada gama de doces sabores.

Hai existencias

Queres saber máis?

O turrón artesanal Fina Rei está elaborado con materias primas de gran calidade para conseguirmos o seu distinguido sabor de maneira natural sen engadir colorantes artificiais, conservantes nin aditivos á súa exquisita receita.

O turrón de Galicia máis doce

Este saboroso turrón artesanal combina chocolate con leite cunha crocante pasta de abelá con café e delicioso doce de leite que se derreterá lentamente na túa boca para que degustes o seu intenso sabor.

O seu exterior bañado en chocolate negro está decorado a man con letras en chocolate, que converten a experiencia gastronómica deste turrón non só nunha delicia para o padal, senón tamén nunha obra de arte da repostería artesanal.

Goza deste exquisito turrón artesanal Fina Rei. Recomendamos cortalo en anacos de máximo medio centímetro de grosor para sumerxirse no seu exquisito sabor.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a traballar a repostería de maneira artesanal e a poñer especial coidado na selección de materias primas de primeira calidade que escollemos minuciosamente para que degustes os máis exclusivos sabores.

INGREDIENTES: cobertura de chocolate negro 70% cacao**, manteiga, fariña de trigo e café.

** Cobertura de chocolate 70% cacao (azucre, crema de cacao, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia, glute.

PESO: 500 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Turrón de café e doce de leite”