Acceder

Torta real de Allariz

15,50 

Torta de améndoa marcona cun crocante exterior e un saboroso corazón interior.

Un dos doces máis típicos da rica repostaría da vila de Allariz.

Elaboración de forma artesá sobre pedido.

Hai existencias

Queres saber máis?

Descubre o delicioso e delicado sabor da nosa Torta Real de améndoa marcona, unha receita que se transmitiu de xeración en xeración na vila alaricana e que continuamos a elaborar en Fina Rei de xeito tradicional.

Torta Real de Allariz

Esta torta de améndoa é un dos máis típicos da repostería de Allariz e en Fina Rei conservamos a súa receita e o seu proceso de elaboración tradicional, de forma manual e mimando cada ingrediente.

Seleccionamos améndoas marcona de alta calidade, azucre, ovo, canela e masa follada para a base e os adornos superiores. O forno fai que a torta colla esa cor dourada no exterior, mentras que o interior conserva un substancioso e saboroso corazón con intenso sabor a améndoa.

A receita desta torta crese que é de orixe hebrea, xa que na nosa vila existiu na Idade Media un importante asentamento deste pobo. Nós conservamos e transmitimos esa receita, como parte da nosa memoria reposteira, para que continúe chegando ás futuras xeracións.

Elaboramos a Torta Real de Allariz baixo pedido, para que chegue á túa casa coa máxima frescura e sabor en cada bocado. Non empregamos aditivos, conservantes nin colorantes artificiais, polo que é un doce 100% elaborado con ingredientes naturais.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando sobre as receitas tradicionais que nos foron deixadas como herdanza, utilizando só ingredientes naturais de gran calidade. Así conseguimos sabores exquisitos, coma o desta Torta Real de Allariz.

INGREDIENTES: améndoa marcona, azucre, ovo, canela, masa follada (fariña, ovos, auga, sal).

ALÉRXENOS: froitos de casca, glute, ovo.

PESO: 500 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto. Envasada en atmósfera modificada.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Torta real de Allariz”