Online only

Entrada concerto Uxía + Libro Os europeos en Abrantes

CONCERTOUXIAPOEMAGOSTO2

Entrada - Doazón* Concerto de Uxía co acompañamento de Sérgio Tannus o 2 de outubro de 2021 ás 20:30h dentro dos actos do Poemagosto - Festival Internacional de Poesía en Allariz.

ENTRADA CONCERTO + Libro Os europeos en Abrantes (Vicente Risco)
TOTAL: 10€*

Máis detalles

4 elementos:

Aviso: Últimas unidades dispoñibles!

10,00 €

Máis información

O concerto de Uxía + Sérgio Tannus terá lugar o sábado 2 de outubro de 2021 ás 20:30h na esplanada do recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz(1).

A FUNDACIÓN VICENTE RISCO, ademais de ser convocante e patrocinadora deste festival, colabora achegando 12 exemplares deste libro e outros 12 de Breve biografía dun pseudopoeta (Yasuhiro Yotsumoto).

Abrimos así un primeiro período de adquisición de entradas/doazón, polo importe de 10€*, para este concerto que porá o colofón a esta 8ª edición do Poemagosto.

ENTRADA CONCERTO + Libro Os europeos en Abrantes (Vicente Risco)
TOTAL: 10€*

A TER EN CONTA:

- Os libros recolleranse no recinto do festival, no posto da organización / libros, o mesmo día, 2 de outubro, no posto da organización e libros.

- É preciso presentar o xustificante de doazón que se vos enviará ó correo electrónico unha vez realizado o pago, ou identificarse indicando nome e apelidos, correo-e ou teléfono indicado durante o proceso de compra. A organización disporá no lugar da listaxe e datos das entradas adquiridas.

- Concerto ó aire libre. Público sentado en cadeiras, gardando a distancia de seguridade.

- Observaranse e faranse cumprir as medidas relativas a actividades culturais estipuladas polas autoridades, relativas a protocolos sanitarios e de seguridade relacionados coa covid, vixentes no momento da celebración do concerto.

(1) En caso de previsión de choiva, o concerto celebrarase no patio cuberto do Museo do Coiro, a escasos metros do Festival de Xardíns.

(*) O importe íntegro da entrada - doazón será entregado á Fundación Vicente Risco e empregado para sufragar gastos do Poemagosto.

Comentarios

Escribe a túa opinión

+ Produtos