Online only

Entrada concerto Uxía + Vale 5€ Fina Rei

CONCERTOUXIAPOEMAGOSTO1

Entrada - Doazón* Concerto de Uxía co acompañamento de Sérgio Tannus o 2 de outubro de 2021 ás 20:30h dentro dos actos do Poemagosto - Festival Internacional de Poesía en Allariz.

ENTRADA CONCERTO + VALE 5€ para gastar na tenda física de Fina Rei (Allariz).
TOTAL: 10€*

Máis detalles

5 elementos:

Aviso: Últimas unidades dispoñibles!

10,00 €

Máis información

O concerto de Uxía + Sérgio Tannus terá lugar o sábado 2 de outubro de 2021 ás 20:30h na esplanada do recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz(1).

FINA REI quixo colaborar co Poemagosto achegando 25 vales de 5€ para gastar na tenda física de Fina Rei en Allariz.

Abrimos pois, con estas 25, un primeiro período de adquisición de entradas/doazón, polo importe de 10€*, para este concerto que porá o colofón a esta 8ª edición do Poemagosto.

ENTRADA CONCERTO + VALE 5€ para gastar na tenda física de Fina Rei (Allariz).
TOTAL: 10€*

A TER EN CONTA:

- A recollida destas entrada + vale Fina Rei deberá facerse persoalmente na tenda Fina Rei de Allariz a partir do venres 1 de outubro.

- É preciso presentar o xustificante de doazón que se vos enviará ó correo electrónico unha vez realizado o pago, ou identificarse indicando nome e apelidos, correo-e ou teléfono indicado durante o proceso de compra. Fina Rei disporá na tenda da listaxe e datos das entradas adquiridas.

- Concerto ó aire libre. Público sentado en cadeiras, gardando a distancia de seguridade.

- Observaranse e faranse cumprir as medidas relativas a actividades culturais estipuladas polas autoridades, relativas a protocolos sanitarios e de seguridade relacionados coa covid, vixentes no momento da celebración do concerto.

(1) En caso de previsión de choiva, o concerto celebrarase no patio cuberto do Museo do Coiro, a escasos metros do Festival de Xardíns.

(*) O importe íntegro da entrada - doazón será entregado á Fundación Vicente Risco e empregado para sufragar gastos do Poemagosto.

Comentarios

Escribe a túa opinión

+ Produtos