A combinación máis creativa para celebrar e compartir o Día do Amor.
Engade un exemplar do libro "O souto dos catro ventos", a famosa novela de María Oruña editada por Aira Editorial, á nosa orixinal Frecha de Chocolate, con poema de amor inédito do poeta allaricense Carlos Da Aira.
Pídea xa. Enviámola ao enderezo e na data que nos indiques.
Aviso: Últimos productos en stock!
Availability date:
Frecha de Chocolate + Poema de amor + Libro "O souto dos catro ventos".
14 de febreiro, Día do Amor, Día de San Valentín... A escusa perfecta para probar o amor.
Tanto se a podedes gozar en compañía como se precisas enviarlla na distancia, esta Frecha de Chocolate de Fina Rei garante a sorpresa, a orixinalidade e a proba irrefutable e máis doce do teu amor, a través dunha experiencia para os cinco sentidos.
Deitada sobre un leito de gianduja de canela e cunha coidada presentación estética, dentro dun estoxo de deseño especial, a frecha está elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe.
O último toque de romanticismo incorpórao o intenso poema de amor do poeta allaricense Carlos Da Aira, que escribiu especialmente para a ocasión por encarga de Fina Rei.
O poema, impreso en papel especial e pregado, vai ligado cun cordel á vara, engadindo así o detalle final a esta frecha do amor.
Esvarar na noite pecha
como escorrega o orballo
no suave gume da frecha
que parte cara ao seu albo.Romper en anacos o espazo
cos nosos trémulos dedos,
fundirnos en doce abrazo,
devorarnos os segredos.Quero comerte a petiscos,
degustarte, ulirte, amarte
lonxe do tempo e das présas.Quero facer contigo
o que fai o chocolate
coa canela e as framboesas.
Carlos Da Aira, 2021
[Ver versión con poema en castelan]
Frecha pequea (200 gr.)
Caducidade 5 meses
Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.
[Fotografía do poeta en imaxe de produto: Demián Ortiz]
60,00 €
45,00 €
30,00 €