Pack especial que vos ofrecen Fina Rei e a libraría Aira das Letras de Allariz.
Estoxo 4 ostras de chocolate (80g) + libro 'Curiosidade' (Estíbaliz Espinosa. Aira Editorial. Poesía en galego).
Aviso: Últimos productos en stock!
Availability date:
Pack especial que vos ofrecen Fina Rei e a libraría Aira das Letras de Allariz.
- Estoxo 4 ostras de chocolate de Fina Rei (80 g). Cun equilibrado sabor entre chocolate negro e branco na cuncha, esta ostra nacida da imaxinación artesá e inspirada nas nosas Rías decórase a man con chocolate de nácara azulada e, baixo a súa perla ambarina, un recheo de crema de amendoado, Brandy e viño alvariño.
- Curiosidade, de Estíbaliz Espinosa, é a primeira obra da colección Fina Rei da allaricense Aira Editorial, que reúne obras de poesía escritas por mulleres.
Sinopse:
A poeta observa o mundo. A poeta esculca co ollo apegado ao telescopio os misterios do universo. A poeta contempla a través do microscopio a harmonía e o caos das moléculas. A poeta mira e escribe. Estíbaliz Espinosa proponnos en Curiosidade que cambiemos o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada. A relación entre literatura e ciencia. O pulso da vida e a experiencia destiladas até dar coa palabra, co verso perfecto.
Ficha do libro na web de Aira Editorial: https://airaeditorial.gal/titulos/curiosidade/
Sra
Unha moi boa iniciativa.Noraboa
60,00 €
45,00 €