Reinventamos unha receita tradicional para crear un produto con certificado ecolóxico. As Galletas de Nata e Laranxa de Fina Rei non conteñen conservantes, colorantes ou calquera outro tipo de aditivo.
O envase é 100% biodegradable e reutilizable. Pódese empregar como maceta soterrable para o que incluímos un sobre con sementes.
47 Elemento elementos:
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
En Fina Rei levamos 50 anos coidando da repostaría tradicional de Allariz. Tradición cun toque de innovación e sen renunciar nunca ao sabor.
Conservamos a receita das galletas de nata que elaboraban as nosas avoas a partir da nata que se retiraba despois do primeiro fervor do leite. Nós engadimos améndoa para potenciar e refinar o sabor e non utilizamos graxas que non estean de xeito natural na manteiga, a nata ou a améndoa. Os ingredientes que empregamos son 100% de procedencia ecolóxica.
As Galletas de Nata e Laranxa son un reflexo do natural. O seu envase, pensado para non xerar resíduos, é 100% biodegradable e reciclable. Pódese empregar como maceta soterrable. Incluímos un sobre con sementes para que se poida completar todo o proceso. O noso obxectivo é acelerar o proceso de degradación da embalaxe e ofrecer a posibilidade de desfrutar do crecemento dunha nova planta.
Peso: 160 gr
Caducidade: 5 meses
4,50 €
4,50 €
12,85 € 12,85 €