Galletas de nata con certificado ecolóxico.
ingredientes de procedencia 100% ecolóxica.
Ausencia total de conservantes, colorantes ou calquera outro tipo de aditivo.
Peso 160 gr.
Caducidade 5 meses
49 Elemento elementos:
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
En Fina Rei levamos 50 anos elaborando repostería tradicional, engadindo innovación pero sen renunciar nunca ao sabor e desbotando atallos que non sexan saudables.
Estas galletas con certificado ecolóxico son un paso máis na procura dese equilibrio. Toda a tradición dunha receita que as nosas avoas adoitaban facer a partir da nata que se retiraba logo do primeiro fervor do leite. Un toque innovador ao engadir améndoa para potenciar e refinar o sabor e, coma sempre en Fina Rei, a ausencia total de graxas que non estean de xeito natural na manteiga, a nata ou a améndoa ecolóxica.
Conseguimos así un produto 100% reflexo do natural e a ausencia total de graxas transxénicas, hidroxenadas ou procedentes de palma, coco... etc, tan nocivas para a nosa saúde.
O envase, pensado para non xerar residuos, é 100% biodegradable. Pode ser reutilizado como maceta soterrable, para o que contén un sobre con sementes. Deste xeito, aceleramos o seu proceso de degradación ao mesmo tempo que desfrutamos do crecemento dunha planta, conseguindo ese desexado "cero residuos”.
Miss
¡Galletas deliciosas! Encantoume o detalle de que trouxesen un saquiño de sementes para reutilizar o bote como maceteiro :D
4,50 €
4,50 €
12,85 € 12,85 €