Acceder

Galletas de nata e framboesa ecolóxicas

4,50 

O sabor de sempre, cun exquisito toque a framboesa.

Degusta as deliciosas galletas de nata tradicionais que facían as nais e avoas, agora con améndoas e framboesas.

Estas galletas están elaboradas con ingredientes 100% de procedencia ecolóxica. Non teñen conservantes, colorantes nin outro tipo de aditivo.

Hai existencias

Queres saber máis?

As galletas de nata e framboesa Fina Rei están elaboradas de maneira tradicional e artesanal, unha a unha. Para potenciar todo o seu sabor e darlle intensidade á súa textura, engadímoslles crocantes améndoas e saborosas framboesas.

Galletas de nata ecolóxicas

Reproducimos a receita tradicional das galletas que as nosas avoas adoitaban facer a partir da nata que sacaban do primeiro fervor do leite. Coma en todos os produtos de Fina Rei, estas galletas non levan graxas que non estean de xeito natural na manteiga, na nata ou na améndoa ecolóxica.

Conseguimos así un produto 100% reflexo do natural e elaboradas con ingredientes 100% ecolóxicos. En Fina Rei, engadimos innovación pero sen renunciar ao sabor e desbotamos atallos que non sexan saudables.

Pero ademais ao mercalas tamén colaboras cun consumo máis responsable, xa que o seu envase é biodegradable. Está pensado para que o reutilices como maceta soterrable, para o que achegamos unha bolsiña con sementes que poderás plantar nel. Desta maneira aceleras o proceso de degradación do envase ao mesmo tempo que desfrutas do crecemento dunha planta sorpresa. Unha maneira moi satisfactoria de conseguirmos un produto de residuo cero.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a traballar de maneira tradicional nunha repostería artesá onde a calidade e o sabor sempre son as nosas prioridades, por iso non empregamos colorantes artificiais, conservantes nin aditivos nos nosos produtos. Queremos que goces de todo o sabor das materias primas de gran calidade que escollemos minuciosamente para que as degustes ao natural.

INGREDIENTES: fariña de trigo, manteiga, nata, azucre, améndoa, framboesa, ovo, sal. Estas galletas de nata e framboesa contan co selo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.

PESO: 160 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes sinalar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Galletas de nata e framboesa ecolóxicas”