Lote Ostras chocolate + Viño Espumoso rosé Sinda

Lote especial composto polo noso Estoxo de ostras de chocolate (80g, 4 ud) + 1 botella de Sinda Rosé Brut.

Sinda Rosé Brut é un viño espumoso de calidade, elaborado mediante método tradicional en terreos de Sober (Lugo) e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar.

Edición limitada. 75cl. 12,5º

Máis detalles

30,00 €

Máis información

Lote especial composto polo noso Estoxo de ostras de chocolate (80g, 4 ud) + 1 botella de Sinda Rosé Brut.

- 1 Estoxo 4 ostras de chocolate de Fina Rei (80 g). Cun equilibrado sabor entre chocolate negro e branco na cuncha, esta ostra nacida da imaxinación artesá e inspirada nas nosas Rías decórase a man con chocolate de nácara azulada e, baixo a súa perla ambarina, un recheo de crema de amendoado, Brandy e viño alvariño.

- 1 Botella de Sinda Rosé Brut. Un viño espumoso de calidade, elaborado mediante método tradicional en terreos de Sober (Lugo) e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar.

Edición limitada. 75 cl. 12,5º

Variedade Souson 80%, Mencía 20%. Cepas de 20 anos, mestura de parcelas de Sober (leira propia) e uvas da primeira parcela de Souson en espaleiras de Valdeorras (Concello de Villamartín de Valdeorras).

Elaborado sobre viño base de alta calidade procedente de parcelas moi concretas do viñedo. Tiraxe realizada no concello de Sober e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar .

Removido en gaiolas de 216 botellas para levar as súas lías á punta.

Manéxase a man en pupitres de madeira, dando un 1/8 de volta diario, ata lograr que o seu pouso se deposite na punta da botella.

Degole a data 28/9/2018 no concello de Sober.

Edición limitada. 75 cl. 12,5º

Notas de Cata:

A primeira vista sorprende a súa intensidade, ten unha capa un pouco máis alta do habitual neste tipo de viños, cunha atractiva cor que tende ao carmín no seu reberete. No perlage, posúe unha burbulla moi fina e continuada.

En nariz móstrase complexo, a primeira impresión é que dominan os fermentos e aromas de panadería, pero segundo ábrese mostra o seu carácter puramente afroitado. Aparecen notas de froitos vermellos e negros (framboesa, groselleira), matices florais e de pel de cítricos.

En boca é fresco, alegre. A burbulla é moi sutil e agradable e o pos gusto moi longo e persistente.

Un espumoso galego diferente que abre un amplo abano de posibilidades pola versatilidade das súas maridaxes.

Comentarios

Escribe a túa opinión

Lote Ostras chocolate + Viño Espumoso rosé Sinda

Lote Ostras chocolate + Viño Espumoso rosé Sinda

Lote especial composto polo noso Estoxo de ostras de chocolate (80g, 4 ud) + 1 botella de Sinda Rosé Brut.

Sinda Rosé Brut é un viño espumoso de calidade, elaborado mediante método tradicional en terreos de Sober (Lugo) e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar.

Edición limitada. 75cl. 12,5º

Escribe a túa opinión

Productos Relacionados

    + Produtos