Frecha de Chocolate con poema de amor de Carlos Da Aira

Orixinal Frecha de Chocolate para agasallar e celebrar o Día do Amor.

Coa punta de bombón de framboesa, sobre leito de gianduja de canela e co poema de amor do poeta allaricense Carlos Da Aira, esta exquisita frecha é a nosa creación máis especial para a vosa data máis especial.

Un regalo único, unha explosión de dozura para sorprender á persoa amada e compartir con ela o goce dos 5 sentidos.

Máis detalles

199 elementos:

19,00 €

  • Pequena
  • Español
  • Galego

Máis información

14 de febreiro, Día do Amor, Día de San Valentín... A escusa perfecta para probar o amor.

Tanto se a podedes gozar en compañía como se precisas enviarlla na distancia, esta Frecha de Chocolate de Fina Rei garante a sorpresa, a orixinalidade e a proba irrefutable e máis doce do teu amor, a través dunha experiencia para os cinco sentidos.

Deitada sobre un leito de gianduja de canela e cunha coidada presentación estética, dentro dun estoxo de deseño especial, a frecha está elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe.

O último toque de romanticismo incorpórao o intenso poema de amor do poeta allaricense Carlos Da Aira, que escribiu especialmente para a ocasión por encarga de Fina Rei.

O poema, impreso en papel especial e pregado, vai ligado cun cordel á vara, engadindo así o detalle final a esta frecha do amor.

Esvarar na noite pecha
como escorrega o orballo
no suave gume da frecha
que parte cara ao seu albo.

Romper en anacos o espazo
cos nosos trémulos dedos,
fundirnos en doce abrazo,
devorarnos os segredos.

Quero comerte a petiscos,
degustarte, ulirte, amarte
lonxe do tempo e das présas.

Quero facer contigo
o que fai o chocolate
coa canela e as framboesas.

        Carlos Da Aira, 2021

[Ver versión con poema en castelan]

Peso frecha grande 300 g.

Peso frecha pequena 200 g.

Caducidade 5 meses

Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.

[Fotografía do poeta en imaxe de produto: Demián Ortiz]

Comentarios

Escribe a túa opinión

+ Produtos