Frecha de Chocolate, poema e libro CURIOSIDADE, de Estíbaliz Espinosa

A combinación máis poética para celebrar o voso amor no Día dos Namorados:

Engade á nosa orixinal Frecha de Chocolate a poesía de Estíbaliz Espinosa

  • Poema de amor ligado á frecha (indica o nome da persoa amada e escribímolo no verso final do poema!)
  • Libro de poesía "Curiosidade" (Aira Ed. 2017)

Pídea e recíbea ti ou a persoa que desexes o día que indiques.

Máis detalles

29,00 €

  • Pequena
  • Grande
  • Español
  • Galego

Personalización do produto

Despois de encher o campo personalizado e clicar en "Gardar", lembra engadir o produto á cesta.

Textos

loader

* campos obligatorios

Máis información

A antítese formada entre os conceptos de frecha e dozura queda nunha mera anécdota ante a realidade do noso produto.

O 14 de febreiro, Día dos Namorados ou San Valentín, a data ideal para probardes o voso amor.

Vive o teu momento doce regalando a Frecha de Chocolate de Fina Rei. Conseguirás que o padal renda obediencia ante a mestura de sabores como a framboesa, o chocolate, a giaduja de canela e as plumas feitas de pastillaxe.

Estamos seguros de que a combinación destes sabores fará que nin a persoa agasallada nin ti poidades esquecer facilmente o momento do regalo e da súa degustación.

Para darlle un maior toque de romanticismo, a Frecha de Chocolate vai acompañada dun poema de amor, atado á frecha en forma de mensaxe, escrito pola poeta Estíbaliz Espinosa en exclusiva para esta ocasión.

Albo

Todo amor transcorre en algures entre a árbore do cacao e xenomas case idénticos que se miran como a través. Que se devoran.

Todo amor é constelación e criaturiñas bioluminescentes que dan nome ao mar de ardora. Porque é difícil de ver. Porque pestanexa. Porque xira na noite coma a constelación de Sagitta, a frecha que apunta ao teu nome.

Todo amor é fundar ou fundirse. Perforar o alento con puntaría de amazona. Baño de oxitocina para os campos e as súas papoulas en sinapse, velaí o tes, veas abaixo: é un río de teobromina.

Chega até o corazón do teu nome.
O teu nome, que escintila na lingua e pestanexa.
Como unha constelación como unha
criatura da ardora. Amor. Debo escribilo:

...............................

Estíbaliz Espinosa, 2018

[Preme aquí para ver o poema en castelán]

Indícanos o nome desa persoa tan especial para ti, e nós engadirémolo como verso final do poema!

Un detalle que culminará esta sorpresa tan orixinal e romántica.

A frecha está elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe, e preséntase deitada sobre un comprimido de giaduja de canela.

Peso frecha grande 300 g.

Peso frecha pequena 200 g.

Caducidade 5 meses

Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.

[Fotografía da poeta en imaxe de produto: Noemí Cubillo]

Comentarios

Escribe a túa opinión

Frecha de Chocolate, poema e libro CURIOSIDADE, de Estíbaliz Espinosa

Frecha de Chocolate, poema e libro CURIOSIDADE, de Estíbaliz Espinosa

A combinación máis poética para celebrar o voso amor no Día dos Namorados:

Engade á nosa orixinal Frecha de Chocolate a poesía de Estíbaliz Espinosa

  • Poema de amor ligado á frecha (indica o nome da persoa amada e escribímolo no verso final do poema!)
  • Libro de poesía "Curiosidade" (Aira Ed. 2017)

Pídea e recíbea ti ou a persoa que desexes o día que indiques.

Escribe a túa opinión

+ Productos