Orixinal frecha de chocolate cun bombón de framboesa na punta acompañada do poema de Estíbaliz Espinosa.
Indíca o nome da persoa amada -nesta páxina, abaixo- e escribímolo no verso final do poema!
14 de febreiro, San Valentín, Día dos Namorados, sorprende a esa persoa especial da forma máis doce e romántica.
Solicítaa xa e recíbea ti ou a persoa que desexes o día que indiques.
Este produto está temporalmente fóra de stock
Aviso: Últimos productos en stock!
Availability date:
* campos obligatorios
A antítese formada entre os conceptos de frecha e dozura queda nunha mera anécdota ante a realidade do noso produto.
O 14 de febreiro, Día dos Namorados ou San Valentín, a data ideal para probardes o voso amor.
Vive o teu momento doce regalando a Frecha de Chocolate de Fina Rei. Conseguirás que o padal renda obediencia ante a mestura de sabores como a framboesa, o chocolate, a giaduja de canela e as plumas feitas de pastillaxe.
Estamos seguros de que a combinación destes sabores fará que nin a persoa agasallada nin ti poidades esquecer facilmente o momento do regalo e da súa degustación.
Para darlle un maior toque de romanticismo, a Frecha de Chocolate vai acompañada dun poema de amor, atado á frecha en forma de mensaxe, escrito pola poeta Estíbaliz Espinosa en exclusiva para esta ocasión.
Albo
Todo amor transcorre en algures entre a árbore do cacao e xenomas case idénticos que se miran como a través. Que se devoran.
Todo amor é constelación e criaturiñas bioluminescentes que dan nome ao mar de ardora. Porque é difícil de ver. Porque pestanexa. Porque xira na noite coma a constelación de Sagitta, a frecha que apunta ao teu nome.
Todo amor é fundar ou fundirse. Perforar o alento con puntaría de amazona. Baño de oxitocina para os campos e as súas papoulas en sinapse, velaí o tes, veas abaixo: é un río de teobromina.
Chega até o corazón do teu nome.
O teu nome, que escintila na lingua e pestanexa.
Como unha constelación como unha
criatura da ardora. Amor. Debo escribilo:
...............................
Estíbaliz Espinosa, 2018
[Preme aquí para ver o poema en castelán]
Indícanos o nome desa persoa tan especial para ti, e nós engadirémolo como verso final do poema!
Un detalle que culminará esta sorpresa tan orixinal e romántica.
A frecha está elaborada cun bombón de framboesa na súa punta, a vara de chocolate con leite e as plumas de pastillaxe, e preséntase deitada sobre un comprimido de giaduja de canela.
Peso frecha grande 300 g.
Peso frecha pequena 200 g.
Caducidade 5 meses
Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, canela, framboesa, sal, azucre e limón.
[Fotografía da poeta en imaxe de produto: Noemí Cubillo]
Ánxoa
Unha marabillosa idea a frecha, e na compaña dun libro de poemas. O poema q vai enrolado na frecha é fermoso, significativo, e acorde o momento ca frecha propón.
Xenial idea a de Finarrei❗❗????????????
15,00 €
20,00 €
15,00 €
12,00 €
25,00 €
45,00 €