Gravata Fina Rei

Esta deliciosa Gravata de Chocolate converteuse nun orixinal regalo para o Día do Pai.

Regálalle "o de sempre" pero dun xeito moito máis orixinal, e arríncalle un sorriso!

Máis detalles

12,00 €

  • Pequena

Máis información

Buscas un regalo realmente orixinal para o Día do Pai? Non lle deas máis voltas; a Gravata de Chocolate é o regalo ideal co que sorprenderás o 19 de marzo a esa persoa tan especial.

Quen nunca lle regalou ao pai, nalgunha ocasión, unha gravata? En Fina Rei dámoslle un toque ben orixinal a este regalo de sempre, realizándoo en gianduja de canela, acompañado dunha colorida decoración de lunares de pastillaje e co toque final na súa base do brownie con noces, que fará desta gravata un bocado tenro e delicioso.

Elaboración de Fina Rei para o Día do Pai.

Este produto elabórase sobre pedido, garantindo a máxima frescura e calidade.

Existe a posibilidade de engadir a mensaxe que desexes; só tes que indicarnos o texto no apartado "observacións" ao realizar o teu pedido.

Peso: 200 g.
Caducidade: 2 meses.
Presentación: estoxo de cartón con cuberta transparente.
Ingredientes: Abelá, cobertura de chocolate con leite 40% (azucre, manteiga de cacao, leite en po, pasta de cacao, leite desnatado en po, emulxente: lecitina de soia, aroma natural de vainilla) manteiga, fariña de trigo, ovos, noces, café, sal, azucre e limón.



Comentarios

Escribe a túa opinión

Gravata Fina Rei

Gravata Fina Rei

Esta deliciosa Gravata de Chocolate converteuse nun orixinal regalo para o Día do Pai.

Regálalle "o de sempre" pero dun xeito moito máis orixinal, e arríncalle un sorriso!

Escribe a túa opinión

+ Productos