Canto tardará en chegar o meu pedido?Os prazos de entrega por norma xeral serán de entre 48 e 72 horas para pedidos realizados antes das 16.00 horas. O sábado e o domingo non se realizan entregas.
| ![]() |
DevoluciónsFina Rei non acepta cambios nin devolucións dos seus produtos pola súa natureza perecedoira salvo que estes cheguen en mal estado. No caso de que detecte algunha desconformidade ou anomalía co produto póñase en contacto inmediatamente co servizo de atención ao cliente chamando o 988 440 416.
Política de CancelaciónsFina Rei aceptará cancelacións sen cargo para todos aqueles pedidos que se anulen con 24 horas de antelación respecto a data prevista de entrega. A empresa non se compromete a admitir solicitudes fóra de prazo, aínda que no suposto que a mercadoría non tivese sido expedida, de modo excepcional, a solicitude podería terse en conto. Para cancelacións contactar con info@finarrei.com ou no teléfono 988 440 416 precisando nome e numero de pedido.
Outros AspectosFina Rei non asumirá responsabilidade ningunha cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse como consecuencia da inexactitude ou falsidade dos datos facilitados polo Usuario para tal efecto, así como no suposto en que a entrega non poida efectuarse por causas alleas á empresa de envíos asignada para tal efecto, como o é a ausencia do destinatario.
|