FINARREI, S.L. é unha organización dedicada á elaboración, fabricación e comercialización de produtos de pastelería e repostería de alta calidade.
En FINARREI, S.L. somos conscientes do alto nivel de esixencia do mercado e o grao de competencia existente hoxe en día; por iso consideramos como principios básicos de xestión da inocuidade a realización das nosas actividades cun alto nivel de calidade de produto que permita asegurar a obtención duns resultados de acordo cos requisitos esixibles polo cliente e/ou polos requirimentos legais que nos son de aplicación, así como outros requisitos que a organización subscriba, asegurando a inocuidade dos nosos produtos.
Por todo isto, comprometémonos e buscamos como obxectivos xerais:
Ofrecer produtos de pastelería/repostería de alta calidade a prezos moi competitivos.
Ofrecer un excelente servizo ao cliente por medio de entregas rápidas e eficientes, ofrecendo un trato amable e caloroso, garantindo que os produtos cumpren cos requisitos esixidos polo cliente e sendo respectuosos co medio ambiente.
Realizar o seguimento dos produtos unha vez fabricados.
Implantar un Sistema de Xestión da Inocuidade dos alimentos, de acordo á norma ISO 22000:2005, e de mellora continua do comportamento e a eficacia do sistema de xestión.
Formar e informar os/as traballadores/as co fin de conseguir un alto nivel de inocuidade mediante a familiarización coa documentación do Sistema de Xestión da Inocuidade dos alimentos.
Aínda que estes obxectivos son xerais, dende a Dirección establécense obxectivos de inocuidade cuantificables do Sistema por un período de tempo determinado, incluíndo todas aquelas evidencias obxectivas que demostren a súa consecución, as persoas responsables e os medios necesarios para conseguilos.
A presente política de inocuidade é comunicada e entendida polos membros da nosa organización e revisada periodicamente pola Dirección para a súa continua adecuación, aspirando a chegar a ser unha organización recoñecida pola súa calidade e compromiso.
En Ourense, a 1 de novembro de 2018.
Asinado: A Dirección.