50ANOS
En Fina Rei cumprimos 50 anos. Para celebralo creamos unha caixa agasallo moi especial:
49 Elemento elementos:
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
Esta é a nosa caixa agasallo máis especial, xa que contén unha selección de produtos que forman parte da historia e do ADN de Fina Rei durante estes últimos 50 anos.
Recibirás o teu pedido nunha caixa metálica escollida especialmente para estas datas de Nadal.
A caixa de bombóns, de madeira de castiñeiro de montes sostibles, inclúe un variado de bombóns de plariné de améndoa, gianduja de canela, caramelo de albaricoque con flores e trufa branca de froita da paixón. Para esta edición especial, cambiamos o deseño da caixa que aparece na foto por outra co lema "Bo Nadal".
Este Nadal aposta por turrón galego, neste caso por dous dos nosos turróns favoritos. A caixa inclúe turrón de crocante de abelá e canela con laranxa, bañado en chocolate con leite e rematado con escritura manual en chocolate e pintada con pincel en bronce. Tamén incorpora o Turrón Acisclo, orixinal turrón réplica dunha escultura de Acisclo Manzano con chocolate negro, recheo de gianduja de café e doce de leite e decorado en bronce con pincel a man.
Atoparás tamén un surtido de galletas de nata e de nata e framboesa de Fina Rei, que contan con certificado ecolóxico. Unha receita tradicional cun toque innovador ao engadir améndoa para potenciar e refinar o sabor. O envase é 100% biodegradable e pode ser reutilizado como maceta soterrable. Inclúe ademais un sobre con sementes.
Para este lote especial escollemos o estoxo de músicos, bombóns que combinan os tres tipos de chocolate con froitos secos, froitas e flores, e o estoxo de rochas; tes tipos de chocolates combinados con améndoa acaramelada.
Non podían faltar os doces tradicionais de Allariz. O estoxo de amendoados de Allariz, de sabor delicado e que se caracterizan por ser crocantes por fóra e tenros por dentro. É un dos doces máis típicos da repostaría galega e o máis popular da repostaría allaricense. Típica de Allariz tamén é a Torta Real, que posúe un intenso sabor a améndoa.
65,00 €
55,00 €
65,00 € 65,00 €
60,00 €
60,00 €
21,00 €
33,00 €
45,00 €
12,85 € 12,85 €