Caixa 50 anos Fina Rei

50ANOS

No 2021 En Fina Rei cumprimos 50 anos. Para celebralo creamos unha caixa agasallo moi especial:

  • Bombóns edición especial 50 aniversario, en caixa de madeira
  • 1 Torta Real
  • 2 caixas de Amendoados de Allariz
  • 1 turrón de laranxa e canela
  • 1 turrón Acisclo
  • 3 estoxos de galletas de nata ecolóxicas
  • 1 caixa de Ostras de chocolate
  • 1 estoxo de bombóns “Músicos”
  • 1 estoxo de rochas de chocolate

Máis detalles

50 elementos:

174,00 €

Máis información

Esta é a nosa caixa agasallo máis especial, xa que contén unha selección de produtos que forman parte da historia e do ADN de Fina Rei durante estes últimos 50 anos.

Recibirás o teu pedido nunha caixa metálica escollida especialmente para estas datas de Nadal.

A caixa de bombóns, de madeira de castiñeiro de montes sostibles, está decorada co gallo do 50º aniversario da creación de Fina Rei. Inclúe un variado de bombóns de plariné de améndoa, gianduja de canela, caramelo de albaricoque con flores e trufa branca de froita da paixón.

Este Nadal aposta por turrón galego, neste caso por dous dos nosos turróns favoritos. A caixa inclúe turrón de crocante de abelá e canela con laranxa, bañado en chocolate con leite e rematado con escritura manual en chocolate e pintada con pincel en bronce. Tamén incorpora o Turrón Acisclo, orixinal turrón réplica dunha escultura de Acisclo Manzano con chocolate negro, recheo de gianduja de café e doce de leite e decorado en bronce con pincel a man.

Atoparás tamén un surtido de galletas de nata e de nata e framboesa de Fina Rei, que contan con certificado ecolóxico. Unha receita tradicional cun toque innovador ao engadir améndoa para potenciar e refinar o sabor. O envase é 100% biodegradable e pode ser reutilizado como maceta soterrable. Inclúe ademais un sobre con sementes.

Para este lote especial escollemos o estoxo de músicos, bombóns que combinan os tres tipos de chocolate con froitos secos, froitas e flores, e o estoxo de rochas; tes tipos de chocolates combinados con améndoa acaramelada.

Non podían faltar os doces tradicionais de Allariz. O estoxo de amendoados de Allariz, de sabor delicado e que se caracterizan por ser crocantes por fóra e tenros por dentro. É un dos doces máis típicos da repostaría galega e o máis popular da repostaría allaricense. Típica de Allariz tamén é a Torta Real, que posúe un intenso sabor a améndoa.

Comentarios

Escribe a túa opinión

Caixa 50 anos Fina Rei

Caixa 50 anos Fina Rei

No 2021 En Fina Rei cumprimos 50 anos. Para celebralo creamos unha caixa agasallo moi especial:

  • Bombóns edición especial 50 aniversario, en caixa de madeira
  • 1 Torta Real
  • 2 caixas de Amendoados de Allariz
  • 1 turrón de laranxa e canela
  • 1 turrón Acisclo
  • 3 estoxos de galletas de nata ecolóxicas
  • 1 caixa de Ostras de chocolate
  • 1 estoxo de bombóns “Músicos”
  • 1 estoxo de rochas de chocolate

Escribe a túa opinión

+ Produtos