Unha caixa metálica que contén algúns dos doces máis especiais de Fina Rei:
Pensada para ser un agasallo de Nadal de empresa, para as traballadoras/es, clientes/as ou provedores/as.
295 Elemento elementos:
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
Esta é unha caixa agasallo para empresas cunha selección dos nosos doces máis representativos.
Emprega o selector para personalizar o turrón que queres recibir: laranxa e canela, marrón glacé, amendoado, café e doce de leite, cava e limón ou licor de herbas. Todos eles son turróns artesanais, elaborados no noso obrador, con ingredientes da máis alta calidade. Para desfrutar ao máximo o sabor deste turrón, recoméndase cortalo en anacos de cómo máximo medio centímetro de grosor.
Nesta caixa, tamén se poden atopar tres chocolates artesanais: chocolate branco con abelás recén tostadas e acarameladas, chocolate negro (71% cacao) con améndoa tostada e acaramelada, ou chocolate con leite (40% cacao) con noces e uvas pasas.
As galletas de nata son unha aposta de Fina Rei no noso 50 aniversario. Reinventamos un produto clásico, que se converten en produto ecolóxico. Ademais, o seu envase é reciclable e biodegradable e pode converterse nunha maceta soterrable. Inclúese un sobre con sementes. Nesta caixa podes atopar as galletas de nata e as galletas de nata e framboesa.
Case imprescindible en calquera caixa elaborada por Fina Rei, ten que haber algún doce tradicional da zona de Allariz. Desta volta incluímos a Torta Real de Allariz e os amendoados de Allariz, os doces máis típicos da repostaría allaricense.
Todas estas delicias envíanse nunha caixa metálica, perfecta para agasallar este Nadal.
65,00 €
55,00 €
65,00 € 65,00 €
60,00 €
174,00 €
21,00 €
33,00 €
45,00 €
12,85 € 12,85 €