Unha caixa con turrón galego de Fina Rei para celebrar este Nadal.
Pódese escoller entre a caixa de cinco turróns (marrón glacé, laranxa e canela, café, cava e limón, amendoado de Allariz) ou a caixa de tres turróns (laranxa e canela, café, cava e limón).
Envíanse os turróns nunha caixa metálica perfecta para agasallar e reutilizar.
0 Elemento elementos:
Este produto está temporalmente fóra de stock
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
Na caixa agasallo de tres turróns galegos de Fina Rei podes atopar:
O turrón de laranxa e canela, que é un intenso turrón de abelá e canela con laranxa, bañado en chocolate con leite. Está rematado con escritura manual en chocolate e pintado con pincel en bronce.
O turrón de marrón glacé, que é un turrón de autor, con corazón de marrón glacé de primeira calidade, envolto en crema de améndoa con Brandy e mazapán.
O turrón de café e doce de leite, un turrón de pasta de abelá crocante con café e doce de leite, rematado cun saboroso baño de chocolate con leite. Está acabado con escritura manual de chocolates branco e negro.
A estes tres turróns, na caixa agasallo de cinco turróns galegos de Fina Rei súmanselle outros dous:
O turrón de cava e limón, resultado da mestura entre a trufa negra de cava, os tropezóns de limón e o chocolate negro. Está decorado con letras de chocolate pintadas con pincel en prata azul.
O turrón de amendoado de Allariz, co corazón de amendoado de trufa, aromatizada con herbas e envolta en mazapán e cobertura de chocolate. Preséntase con letras douradas escritas a man.
Para saborear mellor estes turróns artesanais galegos, recoméndase cortalos en anacos dun grosor máximo de medio centímetro, así poténciase o seu sabor.
A presentación destes turróns é nunha caixa metálica, pensada para agasallar e para ser reutilizada.
65,00 €
55,00 €
60,00 €
60,00 €
174,00 €
21,00 €
33,00 €
45,00 €
12,85 € 12,85 €