RepoTradi
Creamos esta caixa agasallo cunha selección dos mellores produtos da nosa repostaría tradicional:
Envíanse os produtos dentro dunha caixa metálica que os convirte no agasallo perfecto.
42 Elemento elementos:
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
A caixa homenaxe á repostaría tradicional de Allariz inclúe, como non podía ser doutro xeito, os Amendoados de Allariz. No obrador de Fina Rei, elaborámolos de forma manual e artesanal, ca receta tradicional.
Tampouco podía faltar a Torta Real, un dos doces máis típicos da vila de Allariz. Dourada por fóra e cun intenso sabor a améndoa no seu interior. Produto 100% natural, elaborado sen aditivos.
Esta caixa agasallo, inclúe tamén os tradicionais Anacos de Fina Rei, bombóns elaborados a partir dos amendoados de Allariz aos que engadimos un baño en cobertura de chocolate con 70% de cacao.
O turrón forma xa parte da nosa repostaría tradicional para o Nadal. Desta volta escollemos o Turrón de Laranxa e Canela. Intenso turrón de crocante de abelá e canela con laranxa. Está bañado en chocolate con leite e rematado en escritura manual en chocolate. Para o seu consumo recoméndase cortar anacos de medio centímetro de grosor como máximo.
Recibirás estes produtos nunha caixa metálica, perfecta para agasallar.
65,00 €
65,00 € 65,00 €
60,00 €
60,00 €
174,00 €
21,00 €
33,00 €
45,00 €
12,85 € 12,85 €