CaixaNadal
Para esta caixa agasallo de Nadal, fixemos unha selección de produtos perfectos para compartir en familia ou con amigos:
Os produtos envíanse dentro dunha caixa metálica escollida para a ocasión.
0 Elemento elementos:
Este produto está temporalmente fóra de stock
Aviso: Últimas unidades dispoñibles!
Availability date:
A Torta Real é un dos doces máis típicos da repostaría de Allariz. En Fina Rei elaborámola ao xeito tradicional, con améndoa da máis alta calidade e sen aditivos de ningún tipo.
Se falamos de doces típicos da zona, non podía faltar nesta caixa agasallo de Fina Rei os nosos tradicionais Amendoados de Allariz. Estes doces de améndoa son crocantes por fóra e tenros no seu interior.
As Rochas de Chocolate son bombóns que combinan améndoa acaramelada con tres tipos de chocolate diferente: chocolate negro, chocolate con leite e chocolate branco.
No ano do noso 50 aniversario, apostamos por reinventar un clásico do noso obrador: as galletas de nata. Elaboradas coa receita de sempre, con ingredientes de procedencia ecolóxica e entregadas nun envase biodegradable e reciclable que se converte en maceta para a que se inclúe un sobre con sementes.
O espírito de Nadal pono o Turrón de Laranxa e Canela. Un turrón galego, de crocante de abelá e canela con laranxa, bañado en chocolate con leite. Este turrón remátase con escritura manual en chocolate e pintado con pincel en bronce.
Estas cinco delicias chegarán á túa casa nunha fermosa caixa metálica.
55,00 €
65,00 € 65,00 €
60,00 €
60,00 €
174,00 €
21,00 €
33,00 €
45,00 €
12,85 € 12,85 €