Lote especial composto polo noso Estoxo de ostras de chocolate (80g, 4 ud) + 1 botella de Sinda Rosé Brut.Sinda Rosé Brut é un viño espumoso de calidade, elaborado mediante método tradicional en terreos de Sober (Lugo) e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar.Edición limitada. 75cl. 12,5º
Estoxo de 4 ostras de chocolate (80g)Para garantizar o envío e a calidade do produto, debido á calor, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, antes de mercar este produto, por favor consúltanos a través de info@finarrei.com a súa dispoñibilidade.
Elegante estoxo de 'músicos'. Bombóns que combinan os tres tipos de chocolate con froitos secos, froitas e flores. - Chocolate negro, améndoa, anacardo, cereixa e flor de menta.- Chocolate con leite, améndoa, abelá, arando e flor de rosa.- Chocolate branco, améndoa, pistacho, mango e flor de violeta. 25 unidades.
A tentación de Eva é unha agradable sorpresa. A suxestión do seu nome, é unha chamada de atención ao sentido do xogo.