A data por excelencia do Amor, o Día d@s Namorad@s ou San Valentín. Sorprende coa orixinalidade e exquisitez dos nosos produtos: Frecha de Chocolate con poema de amor inédito de Carlos Da Aira, Bandexas de Bombóns, Ostras de Chocolate, Anacos de Allariz ou, por que non, un dos nosos especialísimos e afrodisíacos turróns!
Orixinal Frecha de Chocolate para agasallar e celebrar o Día do Amor. Coa punta de bombón de framboesa, sobre leito de gianduja de canela e co poema de amor do poeta allaricense Carlos Da Aira, esta exquisita frecha é a nosa creación máis especial para a vosa data máis especial. Un...
A combinación máis creativa para celebrar e compartir o Día do Amor. Engade un exemplar do libro "O souto dos catro ventos", a famosa novela de María Oruña editada por Aira Editorial, á nosa orixinal Frecha de Chocolate, con poema de amor inédito do poeta allaricense Carlos Da Aira. Pídea xa. Enviámola ao enderezo e na data que nos indiques.
Estoxo de 4 ostras de chocolate (80g)Para garantizar o envío e a calidade do produto, debido á calor, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, antes de mercar este produto, por favor consúltanos a través de info@finarrei.com a súa dispoñibilidade.
Lote especial composto polo noso Estoxo de ostras de chocolate (80g, 4 ud) + 1 botella de Sinda Rosé Brut.Sinda Rosé Brut é un viño espumoso de calidade, elaborado mediante método tradicional en terreos de Sober (Lugo) e criado en cova natural de pedra situada en viñedo familiar.Edición limitada. 75cl. 12,5º
Elegante estoxo de 'músicos'. Bombóns que combinan os tres tipos de chocolate con froitos secos, froitas e flores. - Chocolate negro, améndoa, anacardo, cereixa e flor de menta.- Chocolate con leite, améndoa, abelá, arando e flor de rosa.- Chocolate branco, améndoa, pistacho, mango e flor de violeta. 25 unidades.
A tentación de Eva é unha agradable sorpresa. A suxestión do seu nome, é unha chamada de atención ao sentido do xogo.