Fina Rei colabora co pintor Xabier Varela para celebrar o Día da nai

En Fina Rei volvemos apostar pola cultura para que os nosos produtos se convirtan nun agasallo único e inesquecible. A nosa proposta para o Día da nai é unha versión especial dunha das nosas creacións máis destacadas, a tentación de Eva, acompañada dunha lámina ou gravado do pintor allaricense Xabier Varela.

Recoñecernos nun bocado e nunha imaxe

Non é a primeira vez que combinamos os nosos produtos co traballo de profesionais relevantes da nosa cultura. A historia da frecha de chocolate e os poemas que a acompañaron son boa proba da aposta de Fina Rei. Desta volta decidimos escoller a tentación de Eva e acompañala dunha creación do pintor Xabier Varela. O sabor da torta de mazá evoca moitos momentos felices compartidos. A pintura de Xabier recolle unha escena que forma parte da historia das nosas familias. 

Esta edición especial da tentación de Eva pode conseguirse nas nosas tendas de Allariz e Ourense ou na nosa tenda en liña. Podedes escoller a variante da lámina, que se envía de maneira gratuíta, ou a do gravado. Está feito en linóleo, iluminado con acuarela e estampado en papel de gravado fabriano de 200 g. Inclúese unha carpeta independente co gravado e con toda a información. 

O produto da tentación de Eva e o gravado de Xabier Varela non desaparecerá despois do Día da nai. Para un aniversario ou para calquera outra ocasión na que queirades sorprendela, seguirá estando dispoñible. 

Unha receita tradicional, ao xeito de Fina Rei

A tentación de Eva é unha reinterpretación de Fina Rei da tradicional torta de mazá. Resultado dunha coidada escolla de materias primas, esta torta combina a delicada masa follada elaborada con manteiga 100%, as doces mazás maceradas e a exquisita crema de canela que lle dan unha textura suave e a convirten nun dos nosos doces que máis gustan e sorprenden. 

Elaboramos a tentación de Eva sobre pedido para garantir a máxima frescura e facémolo nunha caixa de madeira para que non se rompa. Cómpre sinalar que a súa caducidade é de cinco días e que non facemos envíos as fins de semana. 

Un produto diferente que destaca polo seu aspecto pero, sobre todo, polo seu sabor. Atrevédevos a sorprender.

Comparte!