En Fina Rei, levamos máis de 50 anos elaborando repostería tradicional de maneira artesanal ao mesmo tempo que apostamos pola innovación na creación de novos produtos. Por iso, vimos de presentar a colección Legatum, onde arte e repostería se funden nunha reflexión da vida na súa versión máis doce.
Legatum constrúe un percorrido a través dos sentidos por cinco etapas do existir, que poden estar xa desfrutadas ou que aínda estean pendentes de vivir. Estas fases están representadas mediante cinco esculturas realizadas por algúns dos escultores e escultoras galegos máis destacadas e interpretadas en chocolate por Fina Rei. Deste xeito, elaboramos un produto elegante, innovador e simbólico co que conseguimos levar a repostería a un nivel superior.
Cinco esculturas representan as cinco etapas da vida
Cada peza representa unha etapa vital, en cuxo interior se poden atopar sabores extraordinarios capaces de devolvernos ao pasado ou levarnos ao futuro. As cinco esculturas elaboradas por Fina Rei son: Xénese, Agarimo, Díscolo, Odisea e Perenne.
Xénese
É a escultura que representa a etapa vital da nenez, feita por Acisclo Manzano e interpretada en chocolate por Fina Rei. Con chocolate no exterior e nube de abelá no interior, ten un perfume doce e envolvente, cun claro aroma a abelás tostadas complementado por notas de caramelo. O seu sabor é equilibrado e harmonioso, debido ás notas profundas e terrosas da abelá e a riqueza melosa do caramelo. A súa textura é moi cremosa.
Agarimo
É a escultura que representa a etapa vital da infancia, feita por Soledad Penalta e interpretada en chocolate por Fina Rei. O recheo desta peza é atractivo debido aos tons rosados do chocolate rubí e framboesa en po empregados, que aporta unha experiencia doce e afroitada. A súa textura é cremosa e rica.
Díscolo
É a escultura que representa a etapa vital da adolescencia, feita por Arturo Andrade e interpretada en chocolate por Fina Rei. Esta peza emite aromas exquisitamente tropicais debido ao mango e o maracuyá empregados, que se combinan co aroma do chocolate branco. A textura é suave e homoxénea, xa que permite que os sabores se mesturen de forma uniforme e haxa un equilibrio na experiencia degustativa.
Odisea
É a escultura que encarna a vida adulta, feita por Xosé Cid e interpretada en chocolate por Fina Rei. O balance de sabor desta peza é excepcional: o ron, a laranxa e o marrón glacé utilizados converxen nunha danza de sabores que se mesturan sen taparse mutuamente. O alcol do ron é evidente pero non abrumador, mentres que a laranxa confitada aporta un toque cítrico que realza o perfil xeral do recheo. Ten unha textura suave e cremosa.
Perenne
É a escultura que simboliza a ancianidade, feita por Acisclo Novo e interpretada en chocolate por Fina Rei. O chocolate con leite empregado nesta peza outorga un ton cálido e o aroma é un preludio que combina o seu olor doce e cremoso, o toque distintivo do aceite de oliva e as notas especiadas do pumpkin spice. O sabor é unha celebración de equilibrio cremosa ao fusionarse a base do chocolate con leite e o aceite de oliva coas especias empregadas.
Converte a caixa na que vén cada peza nunha cápsula do tempo
A caixa que acompaña a cada escultura de LEGATUM transfórmase nunha cápsula do tempo. É un espazo ideal para gardar as vivencias con alguén importante, que serán descubertas no futuro. As emocións e recordos de cada etapa vital quedarán gardados nela e adquirirán un valor único co paso dos anos.