Cada ano, cando chega o Nadal, en Fina Rei sentímonos orgullosos e orgullosas de poder estar presentes nas vosas mesas, nos encontros coa xente que máis vos importa. Queremos responder á vosa confianza elaborando, coma sempre, produtos cos mellores ingredientes e da máxima calidade. Gústanos imaxinar que, durante un segundo, conseguimos interromper unha conversa mentres mirades o anaquiño de bombón, de turrón ou de Amendoado que vos falta por acabar. Hoxe facémosvos algunhas propostas para que completedes as vosas mesas de Nadal e poidades sorprender a familia e amigos.
Turrón artesanal galego
É posible que xa vísedes o vídeo que publicamos nas nosas redes sociais, en Instagram e Facebook no que as amigas de OU ké!, medio de comunicación ourensán, saen á rúa cunha bandexa dos turróns de Fina Rei, na procura da reacción das veciñas e veciños. Imaxinades cal foi o seu veredicto?
Elaborados no noso obradoiro de Allariz, combinan o chocolate da mellor calidade con outros sabores tradicionais. De laranxa e canela, Amendoado de Allariz, cava e limón, marrón glacé… Cal é a vosa elección?
Bombóns artesanais
A nosa caixa de madeira co lema “Bo Nadal” e cinco variedades de bombóns diferentes é un dos produtos que máis nos demandades. Está elaborada con madeira de castiñeiro con certificado de procedencia de montes sostibles. Pero hai moito máis. O orixinal estoxo de músicos ou as nosas tradicionais rochas de tres tipos de chocolate. Se buscades unha opción para todos os gustos, na lousa de bombóns hai un para cada persoa que se sente á mesa.
Repostería tradicional de Allariz
Se vos preguntamos sobre doces típicos do Nadal, entre as respostas recolleriamos turróns, bombóns… Se facemos a mesma pregunta en Allariz, a resposta cambia. Este Nadal probade a levar ás vosas mesas os produtos da repostería tradicional allaricense. Veredes como os anacos da Torta Real ou os Amendoados, son os primeiros en desaparecer.
Especiais de Fina Rei
O respecto pola tradición e a creación de novos produtos marcan o noso traballo. As creacións de Fina Rei xorden das aprendizaxes recollidas en máis de 50 anos de traxectoria e reflicten o noso afán por descubrir e sorprender sen prescindir nunca de calidade e sabor. Entre nosas creacións están as ostras de chocolate, unha proposta de postre orixinal que nace da inspiración artesá e nas nosas paisaxes. Unha recomendación: combinar as ostras cunha botella do viño espumoso que máis vos guste.
Por outra banda, propoñemos un doce lixeiro. Unha receita tradicional convertida en produto ecolóxico. As galletas de nata ecolóxicas, de tres sabores diferentes, están elaboradas a partir da receita tradicional das nosas avoas, que facían as galletas a partir da nata que retiraban despois do primeiro fervor do leite.
Caixas agasallo
Na sección de “Agasallos” da nosa tenda en liña encontraredes todas as opcións de caixa agasallo que vos propoñemos: Chocolatísimo –para as amantes do chocolate–, de turrón artesanal galego, de repostería tradicional de Allariz –con Amendoados, Anacos, Torta Real e turrón– e a caixa Especial Bo Nadal. Unha caixa que pode converterse nun agasallo para compartir con toda a familia. Tamén podemos facer unha caixa personalizada para vós cos produtos que vós escollades. Escribídenos e falamos.