5 motivos para visitar as tendas de Fina Rei en Allariz e Ourense

Podedes atopar os produtos de Fina Rei na nosa tenda online, aberta 24 horas, todos os días do ano. Pero tamén podedes visitarnos nas nosas tendas de Allariz e Ourense. Unha oportunidade para mercar o voso doce favorito, para descubrir outros que non coñeciades, para preguntar e conversar. Por que visitar as tendas de Fina Rei? Dámosvos 5 motivos.

1. Descubrir a repostería tradicional de Allariz

Os amendoados e a Torta Real de Allariz son algúns dos representantes máis importantes da nosa repostería tradicional. Tamén son os produtos máis demandados por parte de veciños e visitantes que percorren Allariz e Ourense durante as súas vacacións. Os doces tradicionais de Allariz son a un tempo o agasallo perfecto e a mellor maneira de lembrar o sabor da viaxe un pouco máis.

2. Caer na tentación…, de Eva

A Tentación de Eva é un dos doces máis especiais de Fina Rei. Unha deliciosa torta de mazá con follado de manteiga e crema con canela. É un produto que ten unha data de caducidade moi curta pero que, recén feito, é unha experiencia que non ides esquecer. Deixámosvos unha proposta: mercar a Tentación de Eva nunha das nosas tendas, no punto perfecto de consumo, e desfrutala ao aire libre en familia ou con amigos.

3. Descubrir doces de Fina Rei que non están dispoñibles para compra online

As tendas de Allariz e Ourense agochan algúns segredos que non podemos contarvos na nosa páxina web. Unha bolsiña de rochas de améndoa acaramelada ou de galletas de avea, convértense nun detalle diferente. Tamén podedes atopar os Anacos de Fina Rei; amendoados envoltos cunha saborosa cobertura de chocolate. E hai moitos máis. Pero mellor que o comprobedes en persoa.

4. Descubrir produtos de alimentación e repostería doutras marcas galegas

Coñecedes a tenda de Fina Rei en Ourense? Coñécese popularmente como “A Tropical”, e ten unha historia que xa vos contamos no noso blog. Na Tropical pódense mercar moitos dos produtos de Fina Rei, e outros moitos de marcas de alimentación galegas de calidade. Buscades un viño ou un aceite de oliva galego diferentes? Visitádenos. En Allariz, merece mención especial Casa Zirall. Con máis dun século de historia, adicados á produción artesanal de licores, veñen de reabrir as súas portas. Nas nosas redes sociais podedes ver a visita que fixemos recentemente á súa tenda en Allariz.

5. Desfrutar do chocolate 365 días ao ano

O verán non é un impedimento para desfrutar do chocolate. É certo que cómpre tomar algunhas precaucións para o seu transporte e almacenamento. Pero nas nosas tendas ides atopar os bombóns artesanais de Fina Rei –rochas de améndoa acaramelada, bombóns músicos, trufas, etc.– e as nosas tabletas de chocolate artesanal –con tres tipos de chocolate e distintas mesturas de froitos secos–, nas mellores condicións e no momento perfecto para poder degustar e compartir. E vós, sodes máis de bombóns ou de tableta de chocolate?

Comparte!