Artigo da Voz de Galicia

A peza da empresa de artesáns do doce Fina Rei vai acompañada dun poema de amor escrito por Yolanda Castaño.

http://www.finarrei.com/tenda/gl/creacions-fina-rei/32-frecha-de-chocolate-con-poema-inedito-de-yolanda-castano.html

Fina Rei é unha empresa de artesáns do doce de Allariz que leva máis de 40 anos creando os tradicionais amendoados. As novas xeracións apostaron por incorporar outros produtos a súa oferta de repostaría tradicional e onte presentaron a súa última creación: un regalo para San Valentín. A peza é unha frecha de chocolate con leite rematado nun corazón, un bombón de chocolate recheo de framboesa, e as plumas realízanse con chocolate branco.

Preséntase sobre un crocante de canela e vai acompañada dun poema de amor que escribiu para a ocasión Yolanda Castaño.Miguel Mosquera, de Fina Rei, e a escritora presentaron esta fusión de chocolate e poesía galega para namorar na tenda de Ourense. Realizáronse 500 frechas e o prezo destas, segundo o lugar de comercialización, está entre 15 e 20 euros.

 

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2013/02/09/0003_201302G9P30991.htm