Acceder

Alfredo Conde

En Fina Rei, estamos orgullosos de ter recibido colaboracións desinteresadas por parte de persoeiros do mundo da cultura, especialmente da cultura galega que nalgún intre prestáronnos un anaco da súa creatividade para transmitir, dar sentido ou inspirar algunha das nosas creacións. Esta é a nosa homenaxe:

Alfredo Conde, escritor alaricano, premio Nadal e Nacional de literatura, definíu como poucos poden facer a elaboración das améndoas de pico e agasallounos cun texto cheo de matices e pinceladas que sen dúbida, aos que o vivimos en Allariz lévanos ao pasado e aos que non, transmitelles parte do sentido desta elaboración tan auténtica e orixinal. Grazas!

Comparte!