Acceder

Yolanda Castaño

En Fina Rei, estamos orgullosos de ter recibido colaboracións desinteresadas por parte de persoeiros do mundo da cultura, especialmente da cultura galega que nalgún intre prestáronnos un anaco da súa creatividade para transmitir, dar sentido ou inspirar algunha das nosas creacións. Esta é a nosa homenaxe:

Co novo rostro da poesía galega, como adoitan nomeala, conseguimos que multitude de parellas agasallaran o seu ser máis querido, cunha das nosas creacións, unha frecha de chocolate acompañado cun poema de Yolanda Castaño, conseguindo así agasallar o padal e agarimar o corazón. Fermoso!

Comparte!