En Fina Rei, estamos orgullosos de ter recibido colaboracións desinteresadas por parte de persoeiros do mundo da cultura, especialmente da cultura galega que nalgún intre prestáronnos un anaco da súa creatividade para transmitir, dar sentido ou inspirar algunha das nosas creacións. Esta é a nosa homenaxe:

Grazas á mentalidade aberta dos responsables da fundación, témonos visto acompañados en moitos actos e presentacións. As nosas bolsas e papeis impresos rezan, orgullosas, a frase de Vicente Risco “Galiza é un mundo”. Colaboramos en “Música con Risco” e en multitude de pequenos actos que xorden no transcorrer dos días e que ben seguro nos levará a seguir colaborando. Grazas!