Acceder

Amendoado de Allariz – estoxo

4,50 

Un estoxo de 5 unidades do noso amendoado máis tradicional.

Este doce tradicional ten como característica máis apreciable o seu sabor delicado e a contraposición entre un crocante exterior e un tenro interior.

Este é un produto 100% natural, sen aditivos. Só ingredientes da mellor calidade.

Hai existencias

Queres saber máis?

O amendoado tradicional que elaboramos en Fina Rei segue a receita tradicional dun dos doces máis típicos da repostaría de Galicia e probablemente o máis recoñecido da repostaría alaricana.

O doce máis recoñecido da repostería de Allariz

Crese que a receta tradicional deste doce é de orixe hebrea, ca que en Allariz existiu na idade media un importante asentamento deste pobo. Xeración a xeración, mantívose intacta ata a actualidade tanto a súa receita coma o seu proceso de elaboración manual.

No noso obradoiro recollemos esa receita e continuamos a elaborar os almendrados de maneira artesá e con produtos de primeira calidade, sen colorantes artificiais, conservantes nin aditivos. Deste xeito conseguimos un amendoado con todo o seu sabor.

Este exquisito amendoado tradicional combina a saborosa améndoa marcona coa clara de ovo e o azucre e consegue trasladar ao teu padal toda a historia que caracteriza estes distinguidos doces.

Os nosos amendoados elabóranse sobre pedido, para achegar á túa casa este doce no mellor momento de consumo.

Na nosa tenda online tamén podes atopar amendoados de Allariz a granel.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos a crear doces artesanais e a coidar da tradición reposteira con receitas coma esta do amendoado de Allariz, que queremos que se continúe a transmitir de xeración en xeración.

INGREDIENTES: améndoa, azucre, ovo, oblea.

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.

PESO: 150 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto. Envasado en atmósfera protectora.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Amendoado de Allariz – estoxo”