Acceder

Galletas de nata e laranxa ecolóxicas

4,50 

As galletas de nata de toda a vida cun toque cítrico.

Saborea as exquisitas galletas ecolóxicas de nata, laranxa e améndoa e déixate levar pola súa crocante textura e distinguido sabor.

Goza do especial gusto e da textura renovada das galletas tradicionais de nata elaboradas con ingredientes 100% ecolóxicos, sen conservantes, colorantes ou calquera outro tipo de aditivo.

Hai existencias

Queres saber máis?

As galletas ecolóxicas de nata e laranxa Fina Rei están elaboradas con produtos de primeira calidade para que desfrutes do seu sabor e a súa distinguida textura.

As galletas ecolóxicas de nata co sabor máis exquisito

En Fina Rei levamos máis de 50 anos coidando da repostaría tradicional de Allariz. Con esta elaboración renovamos a receita tradicional das galletas de nata para darlle un delicioso toque a laranxa. O inconfundible sabor cítrico dalles un toque que as fai únicas.

Estas galletas facíanas as avoas coa nata que se retiraba despois do primeiro fervor do leite. Nós engadimos améndoa para potenciar e refinar o sabor e non empregamos graxas que non estean de xeito natural na manteiga, na nata ou na améndoa.

Todos os ingredientes que empregamos nesta receita son 100% de procedencia ecolóxica. As galletas de nata de Fina Rei teñen o sello do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Tamén coidamos o seu envase, que é 100 % biodegradable e está pensado para que o reutilices como maceta soterrable. En cada caixiña de galletas achegamos unha bolsiña con sementes que poderás plantar no envase e soterrado no chan. Desta maneira aceleras o proceso de degradación do mesmo e nuns meses podes desfrutae do crecemento dunha planta sorpresa.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos creando produtos orixinais que elaboramos con materias primas de primeira calidade. Así garantimos que o sabor sempre sexa o protagonista en todas as nosas elaboracións, sen empregar colorantes artificiais, conservantes ou aditivos. Así é a nosa elaboración artesá.

INGREDIENTES: farña de trigo, manteiga, nata, azucre, laranxa, améndoa, ovo, sal. Ingredientes co selo do CRAEGA, 100% ecolóxicos.

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo, sulfitos.

PESO: 160 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes sinalar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Galletas de nata e laranxa ecolóxicas”