Acceder

Galletas de nata ecolóxicas

4,50 

O sabor das galletas tradicionais de nata, coa certificación ecolóxica que garante a calidade e procedencia dos seus ingredientes.

Estas galletas de nata están elaboradas do xeito tradicional e non levan ningún tipo de conservante, colorante nin aditivo. A súa embalaxe é biodegradable, para tentar deixar a mínima pegada ecolóxica posible.

Hai existencias

Queres saber máis?

As galletas de nata Fina Rei están elaboradas de maneira tradicional con produtos de primeira calidade para que cada bocado sexa unha experiencia de sabor.

As galletas de nata artesanais e ecolóxicas

O toque innovador desta receita é a améndoa, xa que potencia e refina o sabor da nata. Reproducimos a receita tradicional das galletas que facían as nosas avoas coa nata que sacaban do primeiro fervor do leite e non engadimos ningunha graxa que non estea presente de xeito natural na manteiga, na nata ou na améndoa ecolóxica que empregamos para facelas.

Para a elaboración desta receita, empregamos ingredientes 100 % ecolóxicos, por iso están certificadas co sello do CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).

O seu envase é 100% biodegradable e está pensado para que o reutilices como maceta soterrable, para o que achegamos unha bolsiña con sementes que poderás plantar nel. Desta maneira aceleras o proceso de degradación das embalaxes ao mesmo tempo que desfrutas do crecemento dunha planta sorpresa. Unha maneira moi satisfactoria de conseguirmos un produto de residuo cero.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis de 50 anos a elaborar repostería artesá de maneira tradicional, por iso priorizamos a calidade das materias primas que empregamos e o sabor que obtemos en cada produto. E para conseguilo non usamos colorantes artificiais, conservantes nin aditivos no noso proceso de elaboración artesá.

INGREDIENTES: fariña de trigo, manteiga, nata, azucre, améndoa, ovo, sal. 100% ecolóxicos, certificados polo CRAEGA.

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, glute, ovo.

PESO: 160 g.

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes sinalar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Galletas de nata ecolóxicas”