Canto tardará en chegar o meu pedido?

Os prazos de entrega por norma xeral serán de entre 48 e 72 horas para pedidos realizados antes das 16.00 horas.

O prazo de entrega poderá variar dado que un dos principios da filosofía de Fina Rei é garantir a frescura e calidade do seu produto, polo tanto o prazo de entrega poderá ser ampliado simbolicamente para garantilas.

O sábado e o domingo non se realizan entregas.


Canto hei de pagar de gastos de envío?

  • Para as recollidas en tenda, o envío é gratuíto.
  • GALICIA: 3.50 EUR
  • RESTO DE PENÍNSULA IBÉRICA: 6 EUR
  • Os pedidos superiores a 30 EUR terán custos de envío gratuítos.

Devolucións

Fina Rei non acepta cambios nin devolucións dos seus produtos pola súa natureza perecedoira salvo que estes cheguen en mal estado. No caso de que detecte algunha desconformidade ou anomalía co produto póñase en contacto inmediatamente co servizo de atención ao cliente chamando o 988 440 416.

 

Política de Cancelacións

Fina Rei aceptará cancelacións sen cargo para todos aqueles pedidos que se anulen con 24 horas de antelación respecto a data prevista de entrega. A empresa non se compromete a admitir solicitudes fóra de prazo, aínda que no suposto que a mercadoría non tivese sido expedida, de modo excepcional, a solicitude podería terse en conto. Para cancelacións contactar con info@finarrei.com ou no teléfono 988 440 416 precisando nome e numero de pedido.

 

Outros Aspectos

Fina Rei non asumirá responsabilidade ningunha cando a entrega do produto ou servizo non chegue a realizarse como consecuencia da inexactitude ou falsidade dos datos facilitados polo Usuario para tal efecto, así como no suposto en que a entrega non poida efectuarse por causas alleas á empresa de envíos asignada para tal efecto, como o é a ausencia do destinatario.

Calquera incidencia será comunicada vía correo electrónico ou ben vía telefónica ao número facilitado.

Se no momento da entrega non hai ninguén no domicilio indicado, o transportista deixará unha nota para que contactar coa axencia de transporte e poder coordinar a entrega de forma rápida.

En caso de calquera problema na entrega na dirección indicada, a empresa de mensaxería deixará un xustificante indicando como proceder para a entrega. Disponse de dous intentos de entrega, o primeiro intento ao día seguinte e o segundo despois de concertar a entrega.

En Fina Rei organizamos a loxística de entregas para que o produto viaxe nas mellores condicións, por iso é importante recibir o pedido na primeira entrega (24-48 horas), non podendo facernos responsables do estado do produto a partir de dous días dende a entrega prevista. Sen que o cliente poida reclamar a devolución do prezo de compra.

Calquera contratempo que poida ter non dubide en poñerse en contacto connosco por correo electrónico: info@finarrei.com ou chamando o 988 440 416 no noso horario de Atención ao cliente: días laborables de luns a venres de 09:00-13:30h e 16:00-17:30h.

Ademais, cabe a posibilidade de modificar a data de entrega do pedido estipulada polo sistema segundo as condicións antes indicadas durante o prazo dun 1 mes a partir da devandita compra. Deste xeito, o comprador ten a posibilidade de recibir a súa compra nunha data en concreto (ej. Data de aniversario, Nadal, Reis...).