Acceder

Chocolate negro con abelás

Desde: 4,35 

Déixate seducir polo noso chocolate negro artesán salpicado por crocantes abelás.

Elaboramos este chocolate negro (71% cacao) con abelás recén tostadas e acarameladas.

Chocolate negro recén elaborado, exquisito.

En pedidos superiores a 1kg, a prancha de chocolate pode ter un deseño personalizado (número, corazón, beizos…); contáctanos para solicitalo.

Queres saber máis?

En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates a diario, coidando e mimando a procedencia de todos os ingredientes para conseguir produtos con moito sabor, frescura e bo gusto.

Chocolate negro con abelás

Elaboramos o noso chocolate negro cun 71% de cacao, ao que incorporamos as abelás frescas e crocantes, tostadas e acarameladas no momento de elaborar o chocolate. Toda a elaboración é artesanal, coidando a máximo a selección dos ingredientes. Así conseguimos que degustes un produto exquisito e co verdadeiro sabor do chocolate acabado de facer.

Este chocolate negro leva un cacao de alta calidade e uns froitos secos saborosos, nunha combinación pensada para o desfrute. Recibiralo recén elaborado, para que che chegue no momento óptimo para degustalo ou agasallalo.

Poñemos toda a nosa técnica en elaborar un chocolate negro con abelás feito con produtos naturais, sen aditivos, potenciadores de sabor, colorantes ou conservantes. Xa sexa como un capricho persoal ou para compartir con amigos e familiares, o noso chocolate negro con abelás acarameladas é unha opción deliciosa.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, recollendo as receitas tradicionais e innovando para conseguir receitas como a dos nosos chocolates con froitos secos, cunha elaboración artesanal e con ingredientes da máxima calidade.

INGREDIENTES: cobertura de cacao 70%*** , abelás.

*** Cobertura de chocolate 70% cacao (pasta de cacao , azucre, crema de cacao, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, abelás, soia.

PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chocolate negro con abelás”