Acceder

Chocolate con leite con améndoas

Desde: 4,35 

Chocolate con leite artesán recén elaborado.

Un chocolate con leite 40% cacao, con améndoa tostada e recén acaramelada.

En pedidos superiores a 1kg, a prancha de chocolate pode ter un deseño personalizado (número, corazón, beizos…); contáctanos para solicitalo.

Queres saber máis?

En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates artesáns en Allariz e cos mellores ingredientes, que seleccionamos con mimo para achegarche un chocolate cheo de sabor, frescura e bo gusto.

Chocolate con leite con améndoas

Somérxete no exquisito sabor do noso chocolate con leite con améndoa marcona seleccionada. Para esta receita elaboramos empregamos un 40% de cacao para conseguir un chocolate de sabor suave e cremoso.

Tostamos e acaramelamos as améndoas no noso obradoiro, para conseguir ese punto crocante en combinación co chocolate con leite.

Preparamos este produto sobre pedido e facemos o envío o mesmo día que o elaboramos, así recibirás un chocolate con leite recén elaborado e poderás degustalo no seu momento óptimo.

Este chocolate con leite con améndoas só leva ingredientes naturais. Non empregamos na súa elaboración ningún tipo de aditivo, conservante ou colorante artificial. Este é o segredo do seu éxito.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, innovando sobre as receitas tradicionais e poñendo o noso gran de area para manter o oficio reposteiro de xeito artesán, sen industrializar. Descubre os nosos chocolates con froitos secos e goza na túa casa do delicioso sabor do chocolate recén elaborado.

INGREDIENTES: cobertura 40% cacao**, améndoas.

** Cobertura de chocolate 40% cacao (azucre, crema de caco, leite en pó, pasta de cacao, leite descremado en pó, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de cascara, leite, soia.

PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chocolate con leite con améndoas”