Acceder

Chocolate branco con améndoas

Desde: 4,35 

Unha delicia de chocolate branco recén elaborado, con améndoas tostadas e acarameladas.

Un chocolate branco doce e exquisito.

En pedidos superiores a 1kg, a prancha de chocolate pode ter un deseño personalizado (número, corazón, beizos…); contáctanos para solicitalo.

Queres saber máis?

En Fina Rei elaboramos os nosos chocolates con mimo e seleccionando os mellores ingredientes para conseguir un sabor auténtico.

Chocolate branco recén elaborado con améndoas

O equilibrio dun excelente chocolate branco combinado con améndoa da mellor calidade, tostada no noso obradoiro e acaramelada.

En Fina Rei elaboramos todos os nosos chocolates sobre pedido, para poder garantir que os nosos clientes e clientas os reciben coa máxima frescura e os saborean no seu momento óptimo.

Para elaborar os nosos doces e repostería, empregamos ingredientes 100% naturais, sen aditivos artificiais, conservantes ou colorantes. Así podemos garantir que o resultado das nosas receitas son produtos de alta calidade, como este chocolate, e cun sabor exquisito.

O bo facer de Fina Rei

Levamos máis 50 anos creando repostería desde Allariz, aprendendo da tradición e innovando para conseguir receitas como a dos nosos chocolates con froitos secos, cunha elaboración artesanal e con ingredientes da máxima calidade.

INGREDIENTES: cobertura 31% cacao*, améndoas.

* Cobertura chocolate 31% cacao (azucre, crema de cacao, leite descremado en pó, manteiga anhidra, emulxente (lecitina de soia), aroma de vainillina, aroma natural de vainilla).

ALÉRXENOS: froitos de casca, leite, soia.

PESO: Pranchas de 150 g – 300 g – 500 g – 1 kg – 1,5 kg – 2 kg – 2,4 kg

CADUCIDADE: 5 meses desde a recepción do produto.

ENVÍO: todos os produtos de Fina Rei envíanse recén elaborados e embalados para que os recibas na túa casa nas mellores condicións para o seu consumo.

AGASALLA FINA REI. No proceso de compra, podes indicar que o pedido é un agasallo e enviarémolo sen prezo, coa embalaxe de agasallo e coa mensaxe que nos indiques.

Tamén recomendamos:

A túa valoración

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Chocolate branco con améndoas”